Publicado por : Adycto
15 de febreiro de 2007
A xente anda revolta co tema do xuízo do 11-m que hoxe comeza. En Xornal Aberto, sempre pendentes dos temas de actualidade, os ofreceremos, a partir de hoxe mesmo, a posibilidade de seguir en directo as sesións deste xuízo. Para esto só tedes que premer neste enlace e, a continuación, escoller unha das opcións que vos aparece na páxina de enlace (reprodutor externo ou emisión online). O desplegue informativo que nos permitirá ver este xuízo en directo non é froito dos grandes medios dos que dispón este blog, senón da enfermidade de medios como TeleEspe que é a que realmente retransmitirá tan magno evento. As sesións do xuizo terán lugar de luns a mércores (e excepcionalmente os xoves), entre as 10:00 e as 14:00 horas, e entre as 16:00 e as 20:00 horas. As emisións serán comentadas por xornalistas de TeleEspe e contarán coa participación de diversos expertos en materia legal e bórica.
Estades enfermos....jejejejeje....é boísimo....pódese ver o xuízo en directo