- Atrás »
- Caixon desastre »
- AGÓLPANSE AS NOVAS
Publicado por : Adycto
5 de febreiro de 2007
Pasou a fin de semana e agólpanse as novas. Así, De Juana Chaos concedeu unha entrevista ao xornal inglés The Times na que pide, entre outras cousas, que se "reanude o proceso de paz". Ademais, na Xunta andan moi contentos porque, por primeira vez dende o ano 1998, acadouse un acordo polo emprego en Galiza coa Confederación de Empresarios, UXT-Galiza e CC.OO. de Galiza. Tamén na Galiza, Nuñéz Feijoo falou de moitas cousas e, entre elas, calificou ao novo estatuto andaluz como "españolista", aínda que hoxe xa rectificou para aclarar as súas declaracións acerca do "españolismo" do estatuto andaluz e, tras reivinvidicar que se trata dun "excelente texto constitucional", reiterou que "non é necesario copialo en Galicia", como tampouco débese "fotocopiar" o catalán. Tamén descubrin, durante a fin de semana, que Karel Svoboda, o creador da sintonía da Abella Maia, suicidouse e de que os concursantes de GH en China viven enxaulados nun zoo con 65 monos.
En un país multicolor.....había una abeja bajo el soooolll......