Publicado por : Adycto 23 de xaneiro de 2007


Segundo puiden leer hoxe no País, o Goberno español, a través do Instituto Nacional da Seguridade Social, está a recorrer algunhas sentencias dictadas por diversos Xulgados do Social nas que se lle conceden pensións de viuvez a persoas do mesmo sexo que convivían antes da entrada en vigor da Lei de Matrimonio Gai. Así, segundo o Instituto Nacional da Seguridade Social, as persoas do mesmo sexo que convivían antes da entrada en vigor da Lei de matrimonio gai, non teñen dereito a pensión de viuvez porque o ordenamento xurídico actual non permite outorgar esta prestación. Ó Goberno recalca ademais que se está a tramitar unha reforma legal para permitir que as parellas de feito, heterosexuais e homosexuais, podan cobrala. Señor Zapatero, non vulnera esta actitude a intención desta Lei?

Segundo eu entendo, a Lei de Matrimonio Gai aprobada polo goberno pretendía dotar de dereitos a unha parte importante da sociedade que, ata ese momento, non os tiña. A partir da aprobación da mesma, as parellas homosexuais teñen os mesmos dereitos que as heterosexuais e, deste xeito, acceso ás pensións, axudas, etc no momento no que decidan casarse. Sen embargo, os recursos presentados polo Goberno contra as sentencias que están concedendo pensións de viuvez a persoas do mesmo sexo que convivían antes da entrada en vigor da mencionada Lei, parecen ser contrarios ao espíritu desta norma.

Parece claro que o argumento utilizado polos xuíces para conceder estas pensións é lóxico. Darlle pensións aos que non podían contraer matrimonio por impedirllo a lexislación vixente no seu momento, aínda que vivisen como tal. Señor Zapatero, non está o seu goberno tirando en contra do espíritu da Lei?

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -