Publicado por : Adycto 22 de xaneiro de 2007


Entre pitos e frautas xaneiro vai pasando e, como é habitual nesta época do ano, Galiza prepárase para recibir unha fronte de choivas que, pola masa de aire frío da que ven acompañada, provocará, nos próximos días, precipitacións en forma de neve por riba dos 600 metros. Segundo nos contan en Meteogalicia, se todo vai como se prevee, a cota de neve baixará a partir do xoves ata os 500 metros co cal moitas partes de Galiza permanecerán baixo o manto branco. Se as prediccións de MeteoGalicia se cumpren tan só nas cidades de Lugo (465 metros sobre o mar) e Ferrol (400 metros sobre o mar) pode chegar a nevar. En Santiago 276m e Ourense 132m parece poco probable e en A Coruña, Pontevedra e Vigo (que viven ao nivel do mar) parece imposible pero...quen sabe?. Pois iso, todos acochadiños na casa e, se tedes que conducir, extremade as precaucións. No seguinte enlace podedes ver as cámaras webs que a CRTVG ten espalladas por varios lugares de Galiza e que nos permitirán ver como evoluciona o tempo.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -