- Atrás »
- Galiza , Política lingüística »
- HOXE ACTUALIZAMOS TARDE
Publicado por : Adycto
24 de xaneiro de 2007
Levo un día bastante axetreado e, por un e outro motivo, non atopei tempo de escribir no blog ata o de agora. A xornada de hoxe ben cargadiña de novas: está o tema do De Juana e a súa folga de fame, o do apoio do PSOE de Sanxenxo á construcción de 260 chalets nesta vila, a menos de 150 metros da praia (que podedes leer en Vieiros), a nominación de "Pe" para a categoría de mellor actriz nos Oscar de Hollywood (que o diría co mala que é), a nova xornada de frío que está a vivir Galiza e o resto da península, e moitas cousas máis. En Xornal Aberto e, co noso espíritu de permanente peloteo ás institucións que nos caracteriza, decidimos apostar por falar da campaña "En galego, tes todo por dicir" presentada o pasado luns pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e que, durante todo o ano, terá presenza nos medios de comunicación, nos espazos publicitarios das vilas e cidades e na rede internet, a través da páxina web http://www.galegoelogo.com/.
A campaña, en principio, paréceme ben e creo que trata de unir a nosa lingua a unha imaxe nova e actual, para que mozos e mozas asocien o galego coa modernidade e co prestixio. Paréceme que unha boa política lingüística nas escolas, unha maior presenza do galego no tecido comercial, ou uns políticos que falasen correctamente serían medidas moito máis efectivas, pero considero que este tipo de campañas tamén son necesarias. Na presentación comentouse que habería actividades todo o ano pero, de momento, non adiantaron cales serían estas actividades. Falouse de que, como a campaña ía dirixida aos novos, habería actividades ao aire libre como concertos e cousas polo estilo pero non se precisou nada máis.
Este proxecto inscríbese nos obxectivos e nas medidas propostas polo Plan xeral de normalización da lingua galega, aprobado por unanimidade no Parlamento de Galiza, e que persegue, entre outras metas, priorizar a presenza do galego en sectores estratéxicos e promover unha visión afable, moderna e útil da lingua galega que reforce a súa estima e aumente a súa demanda. A empresa encargada da campaña é BAP&Conde que non pensou moito nos usos da web xa que, ao estar feita con flash, dificulta a baixada dos contidos (a imaxe deste post é de Código Cero en non da web da campaña). Ademais, podían tomar exemplo e meter contidos en galego na súa propia web e tamén, xa de paso, facer unha web máis navegable.
non me gustou nada a páxina web que fixeron estes carallos¡¡¡