- Atrás »
- Curiosidades , curioso »
- A VENTA DE SEALAND
Publicado por : Adycto
8 de xaneiro de 2007
Hai tempo que escoitei falar por primeira vez de Sealand e do seu príncipe e agora entérome de que este país, o máis pequeno do mundo, está á venda segundo informa o xornal inglés The Times. Sealand é unha illa articificial construída sobre unha plataforma de hormigón sobre dous pilares que foi parte dun fortín da Segunda Guerra Mundial. O país se atopa a once kilómetros frente á costa de Harwich, no condado de Essex, sureste de Inglaterra e só se pode acceder a el en helicóptero ou barco. A historia deste país xurde en 1967 cando un ex maior do Exército británico chamado Roy Bates estableceuse coa súa familia neste inhóspito lugar, o proclamou da súa propiedade e adxudicouse a sí mesmo o título de príncipe. Un ano despois, a Marina de guerra británica tratou de expulsalo de alí, aínda que sen éxito. Por tanto, Sealand pode presumir de ser un dos poucos países que venceu a todopoderosa Armada imperial británica.
Tras estos acontecementos, un xuíz dictaminou que Sealand estaba máis aló do límite de tres millas das augas territoriais do Reino Unido, polo que escapaba ao control do Goberno de Londres. Sete anos máis tarde, o 'príncipe' Roy introduxo no seu país unha constitución, ideou unha bandeira e un himno nacional e acuñou dólares de oro e prata. Finalmente concedeulles pasaportes ás persoas que demostraron ter apoiado aos intereses de Sealand.
Como conta The Times, Roy abdicou, debido a súa mala saúde, no príncipe Michael, que agora ten 54 anos. O príncipe Michael, que pasa a maior parte do tempo fora do seu país, quere vender a isla e está esperando que alguén lle faga unha oferta.
Publicar un comentario