Publicado por : Adycto 4 de xaneiro de 2007

Habitualmente Xornal Aberto informa e opina sobre novas de actualidade pero hoxe, sen que serva de precedente, imos facer promoción. Dende que decidín meterme nesto da blogosfera houbo sempre un blog e unha blogger que me axudaron a ir deseñando a miña bitácora na rede. Trátase de El Blog d´los Blogs e da xornalista chilena Carolina Requena. Na súa bitácora podes atopar todo tipo de consellos para traballar con html, trucos, gadgets, reloxos, e "mariconadas" varias para o teu blog. Hoxe, dando unha volta por este rincón de internet, atopei algo novo para engadirlle ao meu blog: a posibilidade de que se deixen comentarios de voz. Instaleino seguindo os pasos indicados por Carolina no seu blog e deixareino colgado algúns días en Xornal Aberto para comprobar se funciona ben. Se alguén quere saber como instalalo non hai máis que premer neste enlace que os levará ata o post feito por Carolina na súa bitácora.

2 Respostas ata o de agora.

  1. Anónimo dí:

    pois eu de momento non conseguin deixarche unha mensase de voz

  2. peco dí:

    os dos comentarios funciona ben...está guay

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -