Publicado por : Adycto 8 de xaneiro de 2007


Ao mellor non lle interesa a moita xente pero, dende o pasado 1 de xaneiro, a web de consulta do DOG, permite realizar pesquisas nos títulos de tódolos exemplares atrasados publicados dende 1995, tanto en galego como en castelán, sen que teñamos que recorrer á edición impresa para ver as disposicións contidas no interior. Ata o de agora, a búsqueda on line no DOG só permitía consultar, de xeito completo, ó contido dos números publicados nos últimos trinta días, xa que as publicacións anteriores non incluían os contidos das súas disposicións e para consultalas había que botar man do papel. Parece que pouco a pouco imos evolucionando cara a que a Administración dea servizo aos cidadáns e non ao revés que é ao que, por desgracia, estamos acostumados. Moita xente beneficiarase desta información xa que poderá consultar o DOG dende o seu ordenador..Ben feito!

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -