Publicado por : Adycto 11 de xaneiro de 2007


Hoxe non ando con gañas de escribir moito e, por iso, só vou falar de dúas cousas: o xuramento do seu cargo por parte de Chávez e a nova película de Clint Eastwood (A Bandeira dos nosos pais). Sobre o xuramento de Chávez, que poderedes leer completo máis abaixo xa que non ten desperdicio, só teño que dicir que é unha mostra más do peculiar xeito que ten este home de entender a política e a vida e, sobre a película de Eastwood que fun ver onte pola noite, que ninguén vaia esperando ver unha película bélica de formato clásico ou unha película clásica de Clint Eastwood. A verba para definir a peli é longa e iso é algo, xa de por si, malo para un filme.

Canto o xuramento de Chávez, feito coa súa man esquera sobre a Constitución e a dereita levantada, só hai que escribilo enteiro para que, todo o que queira, forme opinión: "Xuro diante desta Constitución, desta marabillosa Constitución, xuro diante de vostede, xuro por Deus, xuro polo Deus dos meus pais; xuro por eles, xuro polos meus fillos, xuro polo meu honor, xuro pola miña vida, xuro polos mártires, xuro polos libertadores, xuro polo meu pobo e xuro pola miña patria que non darei descanso ao meu brazo nin repouso á miña alma; que darei os meus días e as miñas noites e a miña vida enteira na construción do socialismo venezuelano, na construción dun novo sistema político, dun novo sistema social, dun novo sistema económico. Xuro por Cristo, o máis grande socialista da historia, xuro por todos eles, xuro por todas as dores, xuro por todos os amores, xuro por todas as esperanzas que farei cumprir e cumprirei cos mandatos supremos desta marabillosa Constitución, cos mandatos supremos do pobo venezolano aínda a costa da miña propia vida, aínda a costa da miña propia tranquilidade. Patria, Socialismo ou Morte. Xúroo!". Casi nada.

Canto a peli de Clint Eastwood hai que dicir, por adiantado, que son un seguidor incondicional de Eastwood e, ademais, do cine bélico clásico e que, se cadra por este motivo, a película defraudoume moitísimo. Esperaba moito máis. As poucas escenas de combate que hai están moi ben realizadas pero a historia que conta e o xeito de contala fan que o espectador desconecte en moitos momentos e que non se chegue a interesar nunca polo que conta o filme. Teño que dicir que, xa sentado na butaca do cine, cando vin que na producción participaba Dreamworks (ou sexa Spilberg) xa me temín o peor.

One Response so far.

  1. Anónimo dí:

    somentes decir unha cousiña, a foto con que ilustras esta nova foi feita bastantes días antes da batalla sobre a que versa a película.
    nesta batalla morreron miles de marines norteamericanos, incluso varios dos protagonistas da foto.
    pero os ianquis decidiron darse publicidade coa foto.
    tamen que existe a outra versión; e dicir, clint xa fixo a mesma pelicula pero esta vez dende o lado xapones, a peli esta rodada en xapones. vira a españa dentro de cinco meses, ten mellor pinta e esta a acadar moitos galardons.
    por estas dúas películas, clint ira nominado como mellor director nos oscars o mesmo ano.isto xa de por si e un gran logro.é a primerira vez que pasa.
    chao , un saludo.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -