Publicado por : Adycto
17 de xaneiro de 2007
A xornada de hoxe é unha das máis importantes da vida política galega dos últimos anos: despois de seis horas e cuarto de reunión na residencia oficial do presidente da Xunta en Monte Pío, os líderes dos principais partidos políticos galegos non foron quen de chegar a un principio de acordo para dotar a Galiza do novo Estatuto que precisa. O acordo era moi importante xa que, coas municipais en maio, non chegar a un entendemento provocará que Galiza sexa a primeira comunidade en aparcar a reforma do Estatuto. Os puntos de maior desencontro entre os tres partidos foron os relativos a financiamento, identidade nacional e lingua. Estas son as propostas do PPdG, do PSdeG e do BNG para a reforma estaturaria, antes da reunión de hoxe. Dende Xornal Aberto nos preguntamos por que non foron capaces de chegar a acordos os tres partidos. Somos os galegos, coma sempre, os tontos da película? Por que sonríen na foto de antes de entrar?
Tras a reunión, os tres participantes mantiveron, de xeito separado, encontros cos medios de comunicación nos que expresaron o seu punto de vista sobre o que fora a reunión. O primeiro en comparecer foi Anxo Quintana e na súa intervención afirmou que o PP non aceptou ningunha das fórmulas propostas polo BNG nos temas relativos a identidade, lingua e financiamento. Segundo Quintana, o PP tampocuco aceptou as propostas do PSdeG, máis "moderadas" que as do Bloque, no tocante á definición de Galiza e aos aspectos realcionados coa lingua. Segundo Quintana, non será posible outro debate sobre o estatuto ate que cambie a situación política, é dicir, ata que haxa unhas eleccións. Quintana afirmou ademais que o desencontro que hai entre o PP e o PSOE a nivel estatal tampouco favoreceu en nada a que hoxe se chegara a un acordo.
O presidente Touriño, pola súa banda, falou de "avances significativos" nas discrepancias e de que, se cadra, "outro contexto de menos confrontación política no ámbito xeneral" sería mellor para ter chegado a un acordo. Sobre os temas conflictivos, Touriño afirmou que no tocante a identidade de Galiza a proposta que levaba el falaba de garantir o estatus de Galiza no Estado español, "de xeito que no perdera posicións" con respecto a outros territorios. Touriño asegurou ademais que Quintana, «"nun exercicio de xenerosidade política", aceptaba esta proposta unha vez que a do nacionalista foi rexeitada. De feito, Touriño asegurou que non podía aceptar a proposta do partido popular porque non é que impedise que Galicia seguise ao mesmo nivel que Cataluña e País Vasco, senón que quedaba por detrás de Andalucía.
FEIJOO
O lider dos populares galegos, Nuñez Feijoo, incidiu tras a reunión de Monte Pío, en que só quedan pequenos flecos para chegar a un acordo definitivo e que espera que a negociación retómese "noutro momento". Para o presidente dos populares galegos as principais diferenzas estiveron no financiamento, onde afirma que o seu partido quere blindar que Galiza non perda fondos europeos e que tampouco recibise unha porcentaxe de investimento menor do 7,2% mentres non logre equipararse coa renda española, e na cuestión identitaria. Sobre este último punto Feijoo afirmou que o seu partido non ía permitir que no estatuto galego se defina a Galiza como nación.
Segundo Feijoo, chegouse a un acordo básico no tema do idioma, baseado na igualdade xurídica do galego e do castelán e houbo desencontro en outros temas como a reforma da lei electoral.
Yo no entiendo ni pio... pero entiendo justo que las comunidades que tengan su propia cultura mantengan un estatuto autonomo para preservarla, sin desatenderse de que son parte de un pais con otras culturas e intereses que son comunes.
Admiro la belleza de la chica que escribe este blog... guaooo!!!
Hola,
Si crees que lo merezco…..Te propongo un intercambio para los premios 20blogs, tu por mi y yo por ti. No quiero pasar vergüenza, pues mi deseo es darme a conocer. Envíame tu link a manuelmiranda3@gmail.com, si estas de acuerdo.
Mi vínculo es el siguiente:
http://www.20minutos.es/premios_20_blogs/busqueda/Manuel+Miranda%2C+Opina/