Publicado por : Adycto 16 de xaneiro de 2007


Hoxe, como non podía ser doutro xeito, imos falar do tema do que falan todos os xornais escritos, todas as radios e todas as televisións: a comparecencia de onte pola tarde do presidente do Goberno no Parlamento para falar de política antiterrorista. Como a estas alturas do partido xa todos teremos unha opinión formada sobre como foi o debate vou obviar a parte formal do mesmo para centrarme nos detalles. A modo de resumo direi que a miña impresión, tras o debate de onte, é a de que o gran beneficiado de todo o visto é ETA e, ademais, estou por asegurar que os actuais líderes de ambos partidos (o "optimista" ZP e Madiano Novoy) non chegarán NUNCA a un acordo en materia antiterrorista. Coido, por desgracia, que haberá que esperar a que algún deles marche do seu cargo para poder ver un acordo nesta materia entre os dous partidos xa que, tras o forte encontronazo de onte, o acordo paréceme inviable.

Zapatero falou, durante as súas intervencións, de consenso, diálogo, unidade e de "tratar de chegar a un gran acordo" en política antiterrorista. Ademais recoñeceu o "claro erro que cometín ante todos os cidadáns españois", en referencia ás súas declaracións do día 29 cando dixo que en 2007 todo estaría "mellor" e anunciou que convocará unha reunión da comisión de seguimento do Pacto Antiterrorista para evaluar co PP a posibilidade de abrir ese acordo a outras formacións, grupos sociais e organizacións cívicas. Se cadra un pouco brando demais.

Mariano, pola súa banda, non cambiou o discurso destes días atrás e, a pesar de que afirmou que acudirá á chamada do presidente do goberno, deixou claro que o acordo entre ambos e pouco menos que inviable. Estivo duro Mariano é, a pesares dos esforzos do presidente por abrir a porta a un entendemento, non se moveu un ápice da posición que traía preparada. Mariano dixo onte frases que, ao meu modo de ver as cousas, están fóra de toda lóxica e son unha falta de respeto para un presidente do goberno. Así, Rajoy dixo, entre outras lindezas, as seguintes: "si vostede non cede, porán bombas (ETA) e si non lle poñen bombas é porque ten cedido" ou "Nunca en España houbo un presidente como vostede, apoialo a vostede na loita antiterrorista é un suicidio". Pero a mellor frase de Rajoy foi cando afirmou que o seu partido non está disposto a sumarse á "carabina de Ambrosio".

Ninguén sabe en realidade qué significa a carabina de Ambrosio, pero todos nos imaxinamos un fusil cheo de moho, de gatillo defectuoso, caños pouco rectos e cartuchos con pólvora caducada. A carabina de Ambrosio define, de forma tremendamente plástica, a situación pasada e, se cadra, presente de España no mundo. Un país que, por exemplo, descubre neuronas con microscopios da señorita Pepis e deseña submarinos que patentan potencias máis espabiladas. A orixe do termo non está clara pero, aínda que parece que non é a correcta, a versión máis extendida é a de que Ambrosio era un campesino andaluz que botouse ao monte en tempos da invasión francesa. Segundo dicen, a súa carabina era inocua ao carecer de pólvora, fracasou como guerreiro e voltou ao rego. Rajoy utilizou a carabina para referirse ao goberno e ao presidente como algo inutil ao que nin el nin o seu partido estaban dispostos a unirse, mais moitos pensamos que esa carabina de Ambrosio mentada por Rajoy podería ser un simil perfecto da actual situación da política antiterrorista en España: unha carabina que só serve para apuntar xa que non pode disparar. Os dous grandes partidos deberían aclararnos se isa é a arma coa que pretenden terminar con ETA.

2 Respostas ata o de agora.

  1. Anónimo dí:

    a imaxe dada por Mariano onte foi lamentable pero é que hoxe afirmou que "para ser presidente do goberno non basta con ser maior de 18 anos e español"....manda carallo¡¡

  2. Anónimo dí:

    http://es.wikipedia.org/wiki/Carabina_de_Ambrosio

    Esto es una Carabina de Ambrosio

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -