Publicado por : Adycto 19 de xaneiro de 2007


Como non podía ser doutro xeito, en Xornal Aberto seguimos falando do estatuto que non teremos. Como xa todos sabemos, as diferenzas entre os tres grandes partidos centráronse no preámbulo, na lingua e no financiamento. Sobre o tema do preámbulo (concretamente sobre a identidade de Galiza), Touriño, Quintana e Feijoo discutiron un rato grande e, a pesares de que a culpa de non acadar un acordo ten que ser compartida por todos, hai algúns que parecían pouco dispostos a ceder. Como ben sabíamos previamente á reunión, Quintana quería incluir a definición de Galiza como nación no preámbulo e Feijoo dicía que o seu partido non aceptaría esto. Entón, para tratar de desbloquear a situación e, oficialmente sen coñecemento do BNG (cousa que dubido), o presidente Touriño propuxo unha nova fórmula que Quintana aceptou e Feijoo non. Esta é "Galicia desenvolveu unha clara identidade cultural e política reflectida na vixente Lei de Símbolos de Galicia, que recolle a formulación do sentimento galeguista e do pasado compartido falando do fogar e da nación común dos galegos". Pódese saber por qué non aceptou o PP esta fórmula? acaso non é certo que no himno galego fálase expresamente da nazón de Breogán?. Di o refrán que cando un non quere dous non discuten e eu afirmo máis: Se un non quere tres non acordan nada.

Está claro que, como comentei estes días, había tres personas sentadas na mesa para tratar de desbloquear o tema do Estatuto e, se isto non se conseguiu, os tres que están sentados son, en maior ou menor medida, responsables do fracaso pero parece claro, polo que sabemos en Xornal Aberto, que algúns foron máis culpables que outros. Creo, como afirmaba Quintana tras a reunión de Monte Pío, que a situación política estatal influíu negativamente no proceso pero creo que hai máis cousas que incidiro. Para que non me chamen sectario, vou a reproducir a proposta realizada polo PPdG para definir Galiza: "rexión histórica do mundo occidental". Señor Feijoo, se non quere sacar adiante un estatuto digao abertamente pero non pretenda que os galegos aceptemos un texto estatutario que deixe a Galiza por debaixo do que é actualemte (nacionalidade histórica) e, moito menos, tres ou catro peldaños por debaixo da maior parte das autonomías que están aprobando o seus novos textos estatutarios. Que non nos quera equiparar con Cataluña o entendo (aínda que non o comparto) pero que nos quera rebaixar de nivel paréceme unha ofensa ao sentido común dos galegos. Dubido que moitos dos seus votantes aceptasen propostas que deixan a Galiza nun plano inferior ao que agora mesmo está dentro do conxunto do Estado.

Por certo, como non todo é estatuto, unha das novas do día é que Pereiro foi acusado de dopping pola Axencia Francesa Antidopaxe. Segundo o diario Le Monde, Pereiro tomou durante o Tour 2006 unha sustancia que fixo que dese positivo en dúas etapas. A sustancia pola que deu positivo é o ventolín que usa para o asma que ten diagnosticado hai tempo e do que, ademais, a UCI ten coñecemento. Como ben dicía Óscar onte a noite, é un "erro"e "espero que se solucione pronto". Ánimo Pereiro.

One Response so far.

  1. Anónimo dí:

    E así de lamentable pero esto é o que temos...se non solucionamos o tema do estatuto en poucos anos teremos todavía menos capacidade de decisión no Estado da que temos agora

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -