Publicado por : Adycto
25 de xaneiro de 2007
Como todos sabemos a estas alturas do partido, a pasada fin de semana sucedéronse, na madrileña localidade de Alcorcón, enfrontamentos entre grupos de mozos españois e latinoamericanos, que terminaron con varios feridos e detidos. Como a noticia xa a coñecemos, en Xornal Aberto nos plantexamos a orixe destes enfrontamentos: racismo ou delincuencia? Os medios de comunicación, como observaremos a continuación, tomaron rapidamente posicións sobre o tema e, como non podía ser doutro xeito, enfrontadas. As dúas Españas, que agora se enfrontan nos medios de comunicación, ofreceron opinións para todos os gustos. Esta nova inclúe un video do programa do Wyoming na Sexta sobre o tema que merece a pena ver.
Así, o País afirmaba no seu editorial do pasado luns, titulado "Bandas e Racismo", que " a resposta xenerada na poboación autóctona, tamén violenta e cun compoñente racista, e extendida con axuda de mensaxes por teléfono móvil. O feito de que grupos numerosos de mozos así convocados intentaran tomarse unha suposta xustiza pola súa man, poñendo tanto ahínco en eludir a contención policial como en perseguir aos adversarios, indica igualmente que algo moi grave está ocurrindo entre nos". Consultar editorial completo.
Pola súa parte, o ABC, no seu editorial "Alcorcón como síntoma" afirmaba, entre outras cousas, que "estamos ante un problema de convivencia social e non dunha explosión de racismo ou xenofobia". Consultar editorial completo.
O xornal La Razón, pola súa banda, titulaba o seu editorial "Non é racismo, é delincuencia" e destacaba que "a exclamación dun veciño de Alcorcón para explicar á prensa o sucedido esta fin de semana ("Non é racismo, é delincuencia") constitúe, sin dúbida, un diagnóstico acertado" e engade que "os violentos enfrontamentos entre mozos hispanos, colombianos e dominicanos en especial, e mozos de Alcorcón non encerran suficentes elementos racistas como para achacarlos a un brote de xenofobia". A versión completa do editorial non a podo poñer porque é de pago pero esto é o máis destacado do artigo.
Tamén Cesar Vidal, o director e presentador do programa "La linterna" da cadena Cope, opinou sobre o tema, como poderedes comprobar no video que acompaña esta nova. O video, por certo, é do programa o Intermedio do Gran Wyoming que, a pesares de non ser santo da miña devoción, está realemnte estupendo na súa contestación a Cesar Vidal.
habería que ver que dixo o gran federico ao respecto¡¡¡seguro que nada bon¡¡¡