- Atrás »
- Caixon desastre »
- FELIZ ANO 2007
Publicado por : Adycto
2 de xaneiro de 2007
Hoxe, no primeiro post do ano 2007 en Xornal Aberto, podería facer unha especie de resumo deses que se fan tanto por estas datas. Podería dicir que na Galiza, durante o pasado 2006, tivemos de todo: lumes, anegamentos, maltrato animal, secuestros famosos, despedidas (Vázquez, Fraga), etc pero non vou caer niso. Tamén podería falar do moito que o 2007 nos vai a traer (previsiblemente) pero tampouco o vou facer. Hoxe vou a falar do atentado de Eta do pasado día 30 de decembro. A pesares de que, ata o momento de escribir isto, aínda non teñen atopado aos dous ecuatorianos desaparecidos tras o atentado do parking da T4, a perda destas dúas vidas humanas non é, ao meu xuízo, a peor pérdida deste atentado (con todo o respecto posible para as víctimas e as súas familias). A peor pérdida deste atentado é a da esperanza que hai nove meses conseguiu abrirse un oco no corazón de moita xente co posible final do terrorismo en España e que, na penúltima xornada do pasado ano, saltou polo aire.
A pesares de todo, eu son dos que pensa que este atentado non pode significar a fin do proceso de paz. Pode ser un alto no camiño, pode ser unha pausa no diálogo pero espero que sexa un punto e seguido no proceso e non un punto final. Xa sei que a ausencia da violencia era un dos puntos esixidos polo goberno de ZP para dialogar con ETA pero, para que nos imos enganar, a violencia levaba tempo presente a través da Kale Borroka e o roubo, durante o pasado mes, das pistolas non anunciaba nada bo. Outra das cousas que non me vou a cansar de denunciar é a actitude de Partido Popular durante todo o proceso de Paz e, máis concretamente, tras o atentado de Barajas.
É incrible só pensalo pero as caras dos votantes e dirixentes populares era de ledicia tras o atentado de Madrid. Non, estou trabucado, non era de ledicia propiamente dita era a cara que pon unha nai cando a noiva que tes, e que a ela non lle gustaba nada, deixate por outro. É esa cara de: xa cho dicía eu. Ben, pois esas caras son insorportables como insorportables son os comportamentos que todos os dirixentes populares teñen mantido durante estes novos meses de esperanza. A estratexia do PP neste periodo é pouco leal co país, interesada politicamente e, se me apuras, pouco democrática.
Como non espero que cambien de xeito de actuar, a súa actitude durante os vindeiros días será (que xa era onte) lamentable e terei que armarme de paciencia, como moitas outras persoas, para non saltar ao primeiro comentario de bar que fagan. Ademais como, entre os propósitos deste novo ano, está o de deixar o vicio de fumar estarei todavía máis nervioso e será máis fácil que salte. O dito, de fin do proceso de paz nada de nada. Moitos cidadáns queremos que o goberno siga tratando de solucionar un problema que leva incordiando aos cidadáns moitos anos.
Hai cousas máis importantes que dous mortos?? o pensaches ben??
Por suposto que creo que hai cousas máis importantes que dous mortos¡¡ Creo que no artigo aparece bastante claro pero bueno cada quen ten a súa opinión amigo anónimo