Publicado por : Adycto 3 de xaneiro de 2007


Din que non hai peor cego que aquel que non quere ver e esto se repite como unha constante en diversos aspectos da vida. Así, como puiden leer hoxe en Chuza, o Diario Vasco publicaba, o pasado 11 de decembro, unha entrevista ao avogado e ex-dirixente de Batasuna Txema Montero que afirmaba que «o proceso de paz descarrilou» e consideraba que a sociedade vasca debía interiorizar que un posible fracaso sería exclusiva responsabilidade de ETA. Na entrevista, que podemos leer integramente neste enlace, o señor Montero afirma cousas como que "creo que en 10 ou 15 días teremos unha declaración por parte de ETA no sentido de suspender o alto o fogo indefinido e unha situación de esperar e observar durante o Nadal e as primeiras dúas ou tres semanas de xaneiro. E a resultas das decisións que eles tomen, que terán que ver tamén coas posicións que tomemos os demáis, reconsiderar a súa suspensión de paralizar o alto o fogo cautelarmente, ou volverán directamente á loita armada".

Este home, aínda que equivocado no do comunicado de suspensión. tiña bastante claro que era moi probable que ETA voltase aos atentados. Sen embargo o ministro de Interior, o señor Rubalcaba, afirmaba o pasado 21 de decembro que "a día de hoxe non hai nada relevante" sobre o proceso de paz que deba ser comunicado aos grupos parlamentarios. Rubalcaba aseguraba tamén que a "prudencia" e a "discreción" son para o Goberno unha obriga neste proceso. Discreción sí pero mentiras non. Todos cheirábamos que isto andaba mal pero o presidente do Goberno lanzou, un día antes do atentado, unha mensaxe de optimismo sobre o proceso que, tras o atentado, deixa ao presidente nunha posición moi incómoda: co cú ao aire. Señores, un pouco máis de prudencia viríalle moi ben a este proceso que onte o ministro do interior calificou de "roto, liquidado e acabado".

De tódolos xeitos, a entrevista a Txema Montero non é o único documento que nos adiantaba o que pasou o pasado día 30 en Barajas. O boletin interno de ETA (Zutabe) afirmaba no seu número 11 que a "resolución do conflicto non ten futuro" e, moito máis revelador, era o artigo publicado polo diario catalán A Vangarda o pasado 21 de decembro na que o redator-xefe da prestixiosa axencia de noticias Vasco-Press, Florencio Dominguez, apuntaba as causas da ruptura das negociacións entre o Goberno e ETA (o artigo completo está neste enlace). Parece ser que eran moitos os que falaban de ruptura do proceso e, a pesar de todo, o presidente quedou co cú ao aire.

A pesar de todo sigo pidíndolle ao Goberno que trate de buscar unha solución dialogada do conflicto vasco e, ao PP que, dunha vez por todas, se poña do lado dos da Paz e deixe de facer política co terror.

One Response so far.

  1. Anónimo dí:

    Cómo puido sorprender que eta fixera un atentado a naide?

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -