Publicado por : Adycto 9 de xaneiro de 2007


Raras veces as estatísticas móstranse benevolentes coa nosa terra. Sempre somos dos que menos cobramos no Estado, dos que menos calidade de vida temos, etc. Sen embargo, o pasado domingo, a axencia de noticias Europa Press publicaba unha información na que, por primeira vez en moito tempo, as estatísticas eran favorables con Galiza: durante o ano 2006, Galiza, xunto con Cantabria, Navarra, La Rioja, Ceuta e Melilla, non rexistraron ningunha vítima mortal pola violencia machista. Hai que lembrar que, durante o pasado ano, 68 mulleres morreron por causa da violencia exercida contra elas polas súas parellas ou ex-parellas en España. Caso contratrio ao de Galiza é o de Andalucía que, durante 2006, enterrou a 20 mulleres por causa da violencia machista. A Andalucía síguelle Cataluña, que rexistrou dez vítimas mortais; e a Comunidade Valenciana, con oito.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -