Publicado por : Adycto 25 de xaneiro de 2007


Leo hoxe no Pais que o Goberno de Aragón puxo en marcha unha curiosa iniciativa: a posibilidade de descargar, en formato mp3, o Quixote de Miguel de Cervantes. Para non saturar o noso reproductor de mp3 coa obra completa de Cervantes, o Goberno de Aragón nos da a posibilidade de descargar cada un dos 126 capítulos dos que conta esta maravilloss novela. É un xeito máis de adaptarse aos tempos modernos. A xente cada vez lee menos pero, se con esta iniciativa do mp3, conseguimos que a xente, de camiño ao seu traballo, ou esperando en calquera cola, etc escoite o Quixote ou calquera outra obra literaria estaremos fomentando o acceso da xente á cultura. A verdade é que a idea gústame. Eu non me imaxino "escoitando" o Quixote pero se sirve para alguén, adiante. Estaría ben que dende a Xunta seguisen este tipo de iniciativas, por exemplo, co Sempre en Galiza ou obras semellantes. Por certo, que xa me esquencía, este é o enlace dende o que podemos descargar o Quixote.

3 Respostas ata o de agora.

  1. Anónimo dí:

    O do quixote está ben pero, como comentas, estaría moi ben esta mesma inciativa na Galiza. eu "escoitaría", como dis, Sempre en Galiza por exemplo, encantado da vida....

  2. Anónimo dí:

    No me gusta la idea, me parece muy mala, estaremos de acuerdo que lo mejor de un libro y sobre todo de una obra maestra, es la forma de leerlo y la interpretación de la historia de cada individuo.
    El análisis y las conclusiones de la novela no puede ser las misma leída a escuchada.
    Yo creo que es prostituir los libros.
    Con esta clase de iniciativas no se ayuda a que la gente se anime a leer.
    Siento no escribir en gallego, me parece un poco falta de educación pero mi gallego no es muy bueno.

  3. Anónimo dí:

    Éu tamén penso que é moito mellor leer un libro que escoitalo (donde va a parar) pero, aínda así, é mellor escoitalo que non leelo nunca por iso paréceme que a iniciativa non é tan mala pero entendo perfectamente o que dis. Sobre o de escribir en galego, que eu saiba, non é obrigatorio. Cada quen escribe no que mellor se exprese, sempre que o entendamos todos (por exemplo en chino non)

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -