Publicado por : Adycto 29 de xaneiro de 2007


Lin recentemente en Chuza que preto de 645.000 galegos gañan ao mes menos de 1.000 euros a pesares de que, na maioría dos casos, estas persoas teñen unha ampla formación académica, a maioría son universitarios, e outros coñecementos tales como idiomas, informática, etc. A situación que viven estes galegos coñécese en España como "mileuristas" pero na Galiza, como todavía teñen un soldo máis baixo, os chamaremos "menosdemileruistas". Como todos e todas saberedes, estas persoas apenas poden chegar a fin de mes e, xa non che digo, plantexarse mercar unha vivenda propia ou cousas polo estilo cando, pola súa formación, deberían poder acceder a un posto de traballo que lles permitise vivir de forma máis desafogada. Como excusa para esta situación, os nosos políticos e demais "mentes pensante" falan de que a vivenda na Galiza está máis barata que no resto do Estado, as cousas do día a día tamén e que, en xeneral, vivir na Galiza é máis barato que no resto do Estado. Sen embargo, o presidente da Xunta de Galiza, o señor Pérez Touriño, será, durante o ano 2007, o terceiro presidente autonómico que máis cartos gañe. Moi lóxico.

Deste xeito, Galiza é a terceira comunidade que mellor paga ao seu presidente. O titular da Xunta, Emilio Pérez Touriño, percibe 81.760 euros brutos ao ano, unicamente supéranlle outras dúas autonomías, ambas gobernadas polo PSOE. Á cabeza con moita diferenza, atópase o presidente de Cataluña, José Montilla, con 155.000 euros. A segunda posición ocúpaa o de Aragón, Marcelino Iglesias, con 82.000. O presidente da Generalitat supera amplamente as retribucións do xefe do Executivo español, José Luis Rodríguez Zapatero, que gañará 89.303 euros no 2007, trinta veces menos que dirixentes empresariais como o presidente do Santander, Emilio Botín. Pero a historia non remata eiquí senón que existen tres nóminas máis altas na Xunta.Trátase do director de Sogama, José Álvarez Díaz, (107.528 euros) e de dous responsables da Consellería de Economía: o do Instituto de Promoción Económica (Igape), José Antonio Delgado Arce, (92.255 euros); e o da interventora xeral da comunidade Autónoma, María Inmaculada Viña Carregal, (82.354 euros).

Ben sei que, cando se fala dos soldos que perciben os políticos e os altos cargos, a xente di que es un demagogo pero a verdadeira demagoxia está en ser unha das comunidades autónomas co soldo medio máis baixo e ter ao terceiro presidente autonómico mellor pagado. Se Galiza tivese a terceira renta per capita de España ou se o soldo medio do noso país fose o terceiro en importancia de todo o conxunto do Estado eu non tería nada que dicir pero, estando como están as cousas, paréceme que o señor Touriño debería revisar o que gaña. Un baremo baseado na renta per cápita ou non salrio medio das distintas comunidades pareceríame xusto pero esto non. Non é demagoxia é a realidade.

One Response so far.

  1. Anónimo dí:

    ben dito. Non é demagoxia é falar de realidades como puños¡¡

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -