Publicado por : Adycto
8 de decembro de 2006
Onte levanteime coa nova (leída no Correo Galego) de que, por mor da choiva caída estes días, a Vía do Salnés terá que permanecer cortada ao tráfico durante, ao menos, cinco meses. Segundo parece, a culpa a teñen uns tubos metálicos de drenaxe que cruzan a estrada e que están feitos cun material de mala calidade que fai que, nestes anos que pasaron dende a súa inauguración (13 anos) xa non sirvan para nada. A pregunta que nos facemos é, se esta estrada xa ten demostrado que non é segura, que non é rápida e que, ademais, se cae a pedazos anos despois da súa inauguración, cómo é posible que fora a "xoia da coroa" da anterior administración galega? E non só iso, cómo pode ser que en Galiza unha estrada non sirva para nada trece anos despois da súa inauguración? A cuestión é a mesma de sempre. Na Galiza tendemos a pensar que os cartos públicos son dun "ente" estrano a nós e que o malgasto destes cartos é algo que lle incumbe tan só aos políticos e isto non é así. Eu, coma cidadán, quero saber cómo se gastan os cartos públicos e por qué afúndese unha estrada 13 anos despois da súa inauguración?.
O problema, ademais, trae unhas consecencias impredecibles xa que veciños, empresarios, alcaldes, etc protestan (con toda razón) pola situación de illamento na que van quedar nos próximos meses. Estas son as vías de comunicacións que o señor Fraga trouxo á Galiza. Este é o progreso que o señor Fraga e os seus acólitos trouxeron a Galiza. O presidente da Xunta, señor Touriño, xa falou da necesidade de "auditar" a vía para "ver a qué se debe" á evolución dos acontecementos e, a continuación, "depurar responsabilidades, políticas ao menos". Non obstante, defendeu, en todo caso, o corte decretado, posto que, anque "o impacto para a comarca é evidente, é responsabilidade de quen goberna tomar decisións", que neste caso teñen como obxectivo "garantir a seguridade". Touriño añadíu que o estado da vía "no é responsabilidade" do seu Goberno e que quen debe dar "explicacións como único responsable de que se caiga a trozos é o PPdeG", ao que acusou de "desinformar" con esta cuestión.
A verdade é que eu non son dos que están sempre a mirar para atrás en vez de para diante pero os acontecementos que está a vivir o noso país estes días fannos voltar a testa para atrás e preguntarnos, esta é a herdanza de 16 anos de goberno Fraga? (estradas que se caen, cidades da cultura, etc).
Esto é culpa de PP gotera e Otilio