Publicado por : Adycto
7 de decembro de 2006
Onte á noite, preto da 1 da mañá, acendo a televisión e vexo a Manuel Fraga na mesma. A verdade é que, o primeiro que pensei, foi que Fraga morrera e eu non me entera e que estaban a poñer unha especie de programa homenaxe. ¡Que equivocado estaba! TVE estaba emitindo "Hora cero", un espacio de TVE adicado a temas de máxima actualidade social e que, neste caso, consistía nunha entrevista a Manuel Fraga con motivo do seu 84 cumpreanos. A entrevista daba, en termos xerais, unha versión amable de Fraga que pouco ten que ver co que vivimos na Galiza durante 16 longos anos. O repaso da vida de Fraga feito en "Hora Cero" deixaba moitas cousas de lado.
Como supoño que moitos non o veriades (o programa por certo duraba unha hora) coméntovos algunhas das cousas que se dicían nel. Por exemplo, cando falaban da súa chegada a Galiza, amosaban imaxes da nosa terra de 1960 en contraposición cos imaxes da actualidade e falábase de "como estaba Galiza antes da súa chegada e como está agora". Sempre que escoito estes comentarios morro por dentro. É normal que en 16 anos Galiza avanze, con ou sin Fraga, a pregunta debería ser ¿podería Galiza ter avanzado moito máis do que o fixo en 16 anos con Fraga?
Cando falaban da súa época ao lado do ditador dicían que el era un aperturista e que cousas como a súa afamada Lei de Prensa, que eliminaba a censura previa, ou o seu "Spain is different" fixéronlle moito ben a España e posibilitaron a posterior transición. Esto tamén cabréame bastante xa que a famosa Lei de Prensa de Fraga sí eliminaba a censura previa pero a sustituía pola "autocensura" dos propios xornalistas o cal é peor. Se existe a censura previa sabes como esquivala pero se ti es o que tes que poñer os límites, a censura pode ser moito peor....
Desta época ao lado do ditador, como non, non podían faltar as referencias ao baño de Palomares, ás xornadas de caza e pesca ou a súa época de embaixador. Tampouco faltaron referencias ao seu papel na redacción da Constitución ou as súas fallidas tentativas de ser presidente do Goberno español. O que non escoitei foi referencias á súa cacería, xunto co por entón ministro de Obras Públicas e co conselleiro galego de Medio Ambiente, durante os primeiros momentos da crise do Prestige ou sobre o feito de que a Constitución por el redactada discriminase ás mulleres no acceso á Coroa. Minto, sobre isto sí que lle preguntaron e Fraga afirmou que non podía ser que unha muller tivese o mando sobre as Forzas Armadas, nese momento, "como despois se pudoi ver na crise do Golpe de Tejero".
En fin que estou moi descontento coa amabilidade do perfil político deste home que, a pesares de facer cousas boas, cometeu moitos erros durante eses 60 ano de político en activo. Moita anécdota de vello, moita complacencia e pouca crítica. Ou é que nos olvidamos de que os homosexuais "funcionan ao revés", de que o condón non é algo bo e de que a rúa foi súa.
Publicar un comentario