Publicado por : Adycto 9 de decembro de 2006


Levaba varios días pensando nunha fórmula que servise para reivindicar o que moitos galegos pensamos: é necesario que vivamos na hora que nos corresponde e non na que nos impoñen. Por este motivo ocorreuseme que, a partir de agora, vou a diferenciar entre a hora que marca o meu reloxo e a hora na que deberiamos estar e así, pouco a pouco, ir facendo consciente á xente de que o cambio de uso horario non é para tanto. Agora mesmo son as 13:02 (12:02 na Galiza) e o tema do que vou a falar é o da alerta permanente de Protección Civil na que vive Galiza dende hai varias semanas.

Como todos saberedes, en Galiza hai días que a choiva e o vento están presentes nas nosas vidas (iso que moitos chaman mal tempo) e que Protección Civil nos fala de alertas de diversos cores (laranxa, bermella, etc). Para esta fin de semana, Protección Civil mantén a alerta pola previsión de mar de fondo e ventos de máis de 100 Km/h, para o que se recomenda extremar as precaucións.Fontes do Instituto Nacional de Meteoroloxía (INM) informaron que existe alerta bermella en toda a costa galega a causa do mar de fondo. Pola súa parte, Protección Civil prevé ventos de nivel laranxa no oeste-noroeste da provincia de A Coruña e na montaña da Mariña lucense. Pois iso, que sentidiño se temos que conducir e que a pesares da repetición constante dos avisos de Protección Civil que ninguén pense que isto é coma o conto do lobo. Voltatemonos a ver o luns sobre as 10:30 (9:30 na Galiza).

2 Respostas ata o de agora.

  1. Anónimo dí:

    Pareceme unha boa iniciativa....a revolución dende a blogosfera¡¡¡¡¡

  2. Anónimo dí:

    Em Portugal, há coisa de doze anos atrás, tivemos a hora alterada pelo padrão do centro da Europa (+1 hora que a actual e a anterior a essa experiência, que durou dois, três anos), por motivos vários de teor economicista ou coisa que o valha.
    Acabou por fracassar por várias razões, mas as que recordo foram as queixas dos pais das crianças por ser tão escuro quando tinham de se levantar para irem à escola e por ser ainda dia quando as queriam deitar. Como minha filha era muito pequena ainda, essa última queixa também era minha.
    Resultava estranho, no Verão, acabar de jantar entre as 20/21 horas e ter luz do dia até às 23horas.
    Por um lado até gostava, de certo modo o dia parecia render mas a "coisa" era estranha, de facto.
    Confesso que ainda tive a esperança de, se atrasassem mais uma hora ainda, ver o sol-da-meia-noite da janela de minha casa. Podia ser até que Portugal passasse a incluir mais uma maravilha turística para atrair visitantes...

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -