Publicado por : Adycto 20 de decembro de 2006


Con motivo do partido entre a Selección Galega de fútbol e a de Ecuador, que se disputará o vindeiro día 28 (que manda carallo), o xornal electrónico Vieiros publicou un parche que permite modificar o xogo Pro Evolution Soccer 6 para incorporar á equipación galega, de xeito que os afeccioados ó fútbol virtual poidan levar ás súas pantallas o que o vindeiro día dos inocentes se poderá ver no terreo de xogo do Estadio de Riazor de A Coruña. Para meterse na pel dos xogadores galegos, os usuarios que teñan o xogo de Konami para PC poden descargar un ficheiro que parchea o xogo para a súa galeguización, incorporando ós 20 convocados por Arsenio Iglesias e Fernando Vázquez, e non faltado a presenza dos seareiros que animarán ós xogadores con bandeiras e pancartas. Galiza xa non é menos que Brasil, Francia ou España, polo menos no que a videoxogos se refire.

One Response so far.

  1. Anónimo dí:

    Xa teño gañas de instalalo para poderlle gañar a España!

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -