Publicado por : Adycto
19 de decembro de 2006
Hoxe, o ex-presidente do Goberno, José María Aznar, concedeulle á xornalista Ana Rosa Quintana, unha entrevista no seu programa das mañás en Telecinco. O ex-presidente amosouse alegre e desenfadado e deixou algunha que outra perla digna de mención. Así, Aznar condeou con contundencia o actual proceso de negociación do goberno de Zapatero con ETA e afirmou que fala máis fora de España porque todo o que dí aquí é un problema. Aznar falou tamén de temas máis informais como o seu novo corte de pelo pero, por encima de todo, deixou unha frase que a algúns deixounos fríos: Ana (Botella) o faría moi ben como presidenta do Goberno. Era o que me faltaba por ver! O poder pasa, xa non de pais a fillos, senón de maridos a mulleres. Supoño que hoxe moitos políticos españois de dereitas como Madianito, Acebes, Zaplana e Esperanza deben estar temblando. A sucesión no PP está definida: A "Botella" presidenta.
Falando da súa muller, Aznar comentou que “é a muller da miña vida dende hai 30 anos, e espero que o sexa sempre”. Tal e como dicíamos antes, Aznar asegurou a continuación que ela é a política da súa casa e que a axudará en todo. Inclusive nunha hipotética carreira á Moncloa porque Ana “o faría moi bien como presidenta”.
me cago en los legionarios de cristo y toda la extrema derecha católica!!!...