Publicado por : Adycto
11 de decembro de 2006
A estas alturas do partido xa todo o mundo coñece a nova pero, aínda así, hoxe tiña que ser portada do blog: Pinochet morreu. Hai persoas que din que non hai que alegrarse da morte de nadie pero eu non son dese tipo de xente. Alédome moito de que Augusto Pinochet morrese e, sen embargo, estou triste porque, a pesares de que morrese con 91 anos, ningún tribunal de xustiza (nacional ou internacional) conseguíu que o ditador se sentase na banqueta dos acusados ou, moito menos, fose encadeado. Ademais, paradoxas da vida, Pinochet morreu o día 10 de decembro, día declarado dos Dereitos Humanos pola ONU. Agora un pouco de biografía feita coa axuda inestimable de Carlos Castillo.
Pinochet, como outros tantos ditadores, decidíu que a carreira militar era a súa e con 18 anos ingresou no exército. Tardou moito en chegar a xeneral pero, unha vez que o fixo, foi para quedarse. En 1973 encabezou, xunto con outros "amiguitos" militares, un golpe de estado que terminou co coñecido episodio do asalto ao Pazo da Moeda e co ascenso de Pinochet á Xefatura do Estado.
Os primeiros anos da ditadura estiveron marcados pola persecusión, asesinato, deportación e exilio dos dirixentes de esquerda. Unha parte das execucións aparecían como enfrontamentos armados, pero a meirande parte simplemente constaban como "desaparicións". Estas desaparicións correspondían a persoas que eran detidas por axentes do goberno (policía ou militares) e das que, ata hoxe, descoñécese o seu paradoiro. Informes solicitados polos gobernos que seguiron ao golpe son concluíntes: o informe Rettig, encargado no ano 1991 polo goberno, documentou 2.279 asesinatos.
Durante o réxime militar e para acabar coa disidencia, practicamente todos os dirixentes políticos de esquerda detidos foron vítimas de torturas. O informe Valech, encargado no ano 2004 polo goberno chileno, indica que o 94% dos detidos por motivos políticos foi torturado, e documenta máis de 28.000 casos de tortura, incluíndo atrocidades do máis variado tipo, tortura con electricidade, golpizas, violacións e vexacións que deixaron graves secuelas nos prisioneiros e nas prisioneiras. Di o informe "la experiencia de la prisión política y la tortura representó un quiebre vital que cruzó todas las dimensiones de la existencia de las víctimas y de sus familias, y que las acompañan hasta el presente".
A nivel internacional, o goberno da Xunta Militar participou en algo que se coñecería como a Operación Cóndor, un esforzo internacional contra os disidentes de esquerda no cono sur, coordinada por Chile e á que engadíanse os gobernos de Arxentina, Bolivia, Uruguay e Paraguay. Dentro deste marco de cooperación, asesinouse, entre outros, ao líder demócrata cristián chileno Bernardo Leighton en Roma, e ao ex ministro chileno Orlando Letelier, en Washington. Este último, fora detido, torturado, enviado a prisión a Tierra del Fuego e finalmente liberado en 1974. Posteriormente, radicouse en Estados Unidos, país onde fora embaixador durante o goberno de Allende. Debido a que activamente traballou nese país para intentar terminar coa ditadura en Chile, no ano 1976 unha bomba puxo fin á súa vida.
Tras o cambio da Constitución chilena en 1980 e un plebiscito en 1988 sobre a súa continuidade no poder (que perdeu) Pinochet entrega o poder ao democrata cristián Patricio Aylwin o 11 de Marzo de 1990, pero permanece ao mando do exército. Decide quedarse nese posto, como declarou el mesmo, "Para estar con mi gente y protegerla en cualquier momento de cualquier cosa que pueda suceder" como indica na súa autobiografía. Ten a oportunidade de facelo no ano 1991: o seu fillo foi investigado porque o exército comprara accións dunha empresa que lle pertencía, pero que xa non funcionaba hai anos, e lle pagara con cheques nominativos. Rompe un gran escándalo a nivel nacional e o goberno ofrécelle a posibilidade de deixar de investigar a cambio de que renuncie ao seu cargo de comandante en xefe. Non acepta e acuartela a todo o exército.
No ano 1998, asume o cargo de senador que a constitución lle otorgaba. Ese mesmo ano e, durante unha viaxe a Londres, é arrestado por unha orde de captura emitida desde España polo xuíz Baltasár Garzón, pola tortura de 96 ciudadáns españois durante o réxime militar. Tras 1 ano e medio en Inglaterra, a extradición é denegada "por motivos humanitarios" e Pinochet regresa a Chile.
Unha vez probado que non era invulnerable legalmente, a súa situación xudicial complícase en Chile, pasando durante 5 anos da corte de apelación á corte suprema.
No ano 2004, un informe dun comité parlamentario do Senado dos Estados Unidos, conclúe que o Banco Riggs mantivo negocios e axudó a Augusto Pinochet a esconder varios millóns de dólares mentres estaba en arresto en Londres. A cantidade está entre 4 e 8 millóns de dólares. En Xaneiro de 2005 o exército de Chile aceptou a súa responsabilidade institucional nos abusos pasados. Lucía Pinochet, a filla maior de Augusto Pinochet, declarou que o uso da tortura foi "bárbaro y sin justificación". En maio de 2005, o principal candidato presidencial opositor e líder da alianza de partidos que formou o goberno con Pinochet, Joaquín Lavín, é consultado sobre as violacións aos dereitos humanos e as contas secretas de Pinochet, e declara: que "sabiendo los antecedentes que ahora hay, obviamente no hubiera votado que sí en el plebiscito del 1988".
Publicar un comentario