Publicado por : Adycto 12 de decembro de 2006





Ao señor Manuel Fraga debe de gustarlle moito saír en Xornal Aberto porque, senón é iso, é que este home non pensa nin un segundo as cousas que dice (ou as pensa demais). Resulta que, onte pola noite, estaba pasando o rato diante da televisión cando, de repente, aparece Fraga na tele. O estaba entrevistando unha reporteira do programa de Cuatro "Noche Hache" que lle preguntaba por cousas relacionadas coa nova do día: a morte de Pinochet. O senador do PP e ex presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga, quedouse a gusto e afirmou que o ex ditador chileno Augusto Pinochet, aínda que cometeu "algunos excesos" durante os seus 17 anos de ditadura, deixou Chile mellor do que o atopou o 11 de setembro de 1973, o día do golpe de Estado. Pero non pensedes que Fraga dixo so iso.

Segundo o señor Fraga, "la cuestión es examinar históricamente el asunto. Intervino un militar, ya se supone que siempre tiene aspectos violentos. Lo que no hay duda es que todavía tiene unos partidarios Pinochet. Podía haber cometido algunos excesos pero, en principio, dejaba un país mejor de lo que se lo había encontrado", manifestou Fraga.

Preguntado pola súa opinión sobre o ex ditador morto, Fraga respondeu: "Mire usted, Pinochet se ha muerto. Paz a los muertos". Acto seguido puntualizou que "lo que tiene que decir sería muy largo" e que "es evidente que hay que empezar por cuando aparece Pinochet". "Había un régimen de un Señor, Allende, que con todos mis respetos murió en medio de todo esto, que había dejado el país en el caos total", afirmou en resposta a cal era a súa opinión acerca de que a súa morte impedira aos xuíces ditar sentencia. Espectacular señor Fraga, siga así que, deste xeito, é facil facer un blog de actualidade.


3 Respostas ata o de agora.

  1. Crischoven dí:

    ogallá que a morte cometa tódolos excesos posibeis -doloros e lentos-cos dictadores e antiguos membros de dictaduras...

  2. ruafraganom dí:

    e foi presidente da Xunta 16 anos¡¡¡¡manda carallo¡¡¡

  3. Anónimo dí:

    Hi, i was looking over your blog and didn't
    quite find what I was looking for. I'm looking for
    different ways to earn money... I did find this though...
    a place where you can make some nice extra cash secret shopping.
    I made over $900 last month having fun!
    make extra money now

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -