Publicado por : Adycto
1 de novembro de 2006
Antes de que o Lichis, o cantante da Cabra Mecánica, diréxalle ao mundo a través dunha coñecida canción que "días de todo, vísperas de ná", o meu querido amigo Otilonam levaba anos coa mesma teoría. Como onte foi un día de todo, hoxe é un día de nada e, polo tanto, non teño moito ánimo para escribir. Por iso utilizo un dos recursos que todos os blogueiros utilizan de cando en vez: recurrer ao You Tube. O video que presento, gravado durante o acto de izado da bandeira galega durante o día da patria do pasado ano, da mostras do coñecemento que o noso actual presidente ten do himno do seu país. É realmente lamentable ver, nun determinado momento do video, ao presidente da Xunta balbuceando a letra do himno. Touriño, aínda que sexa por quedar ben, ten a decencia de aprender o himno do teu país.
Publicar un comentario