Publicado por : Adycto 2 de novembro de 2006


Aínda que na xornada de onte se celebraron eleccións en Cataluña, Xornalaberto non vai a falar demasiado tempo delas. A situación queda moi semellante a das últimas e, a pesares dos trasvases de votos e da aparición dunha nova forza política no Paralamento Catalán (Ciudadanos por Cataluña), o goberno tripartito pode volver a editarse. De feito, ERC segue sendo a chave do goberno e pode decidir se Cataluña volta a ter tripartito ou se goberna con CIU nunha Generalitat integramente nacionalista. O tripartito, pese a quen pese, non o faría tan mal cando o electores decidiron que, se os políticos se poñen de acordo, pode volver a repetirse.

De todos os xeitos, non quero falar das eleccións catalanas. Quero falar dun anunciou, que xa debería ter publicado hai tempo pero que agora inclúo. Nunca é tarde....Mancomun.org, proxecto da Consellería de Innovación e Industria que aglutina a iniciativa galega polo software libre, continua co lanzamento de novos produtos e actualizacións gratuítas. A ultima proposta céntrase na nova versión do paquete OpenOffice 2.0.3, o cal se presenta cun un
corrector en galego mellorado. O novo servizo substitúe á anterior versión e inclúe máis de 21 millóns de palabras, 500 abreviaturas, 1500 nomes e apelidos, 400 siglas e acrónimos e 1.500 topónimos.

Mancomun.org pretende ser o punto de encontro das diferentes iniciativas sobre software libre que se están a desenvolver en ámbitos como o institucional ou o empresarial. A iniciativa conta, ademais, cun observatorio que estuda a realidade da sociedade en xeral en relación ao uso das tecnoloxías abertas.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -