- Atrás »
- Curiosidades , curioso , Galiza »
- SÍMBOLOS
Publicado por : Adycto
2 de novembro de 2006
Hoxe recibín un correo electrónico dun asiduo lector de Xornalaberto que está a vivir dende hai tempo na capital do Estado. Neste mail, o ínclito lector enviaba unha presentación en powerpoint na que se incluían unha serie de diapositivas con símbolos da nosa terra. Algúns destes símbolos eran reais pero os mais eran froito da imaxinación dos galegos. Os símbolos son importantes para un pobo e a recuperación e incorporación que se está a facer dos nosos paréceme fundamental para a toma de conciencia como país.
Deixando de lado cuestións máis profundas, non me diredes que a imaxe que acompaña este post non é divertida...Hai moitas máis pero, en vez de colgalas neste post, vounas ir utilizando para ilustrar outros artigos posteriores de Xornalaberto.
Penso que o "asiduo lector" de Xornal Aberto son eu mesma... Aìnda que o galego non é, por desgracia, o idioma no que me desenvolvo habitualmente, ahí vai esta mensaxe na lingua nai pra apoia-lo primeiro artigo (o estatus do galego) e para congratularme de que che gostaran esta sorte de novos símbolos da nosa terra.
TdR