Publicado por : Adycto 3 de novembro de 2006


PPdeG, PSdeG e BNG decidiron crear unha ‘minicomisión’ dentro da Ponencia de Estudo da Reforma do Estatuto, formada por un representante de cada formación, para intentar consensuar a fórmula do artigo 3 do Título Preliminar do futuro texto, o referido ao estatus do galego, xa que socialistas e nacionalistas apostan por incluir o deber de coñecelo, mentres que os populares reducen esta obligación ás institucións de carácter público. Para defender a súa postura, o PPdG fala de que " a obligación de todo cidadán de coñecelo non é procedente", namentres que o PSdeG e o BNG falan de que o galego teñas o "mesmo estatus" que o castelán. O único que espero é que cheguen pronto a un acordo porque o noso idioma non pode ser elemento de confrontación entre os políticos deste país.

Como en Xornalaberto non temos votantes aos que contentar a nosa postura ao repecto deste debate é ben sinxela. Galiza ten, neste momento, dous idiomas cooficiais e por tanto paréceme lóxico que os cidadáns teñan o deber de "coñecer" os dous por igual. A proposta de que un dos idiomas non teña que ser "obrigatoriamente" coñecido pola cidadanía paréceme discriminatoria, xa que os dous teñen que ser exactamente iguais. Logo está, na elección de cada cidadán, en qué idioma quere desenvoltar a súa vida pero, paréceme lóxico, que para vivir en Galiza haxa que entender e coñecer os dous idiomas. Paréceme unha disputa carente de contido.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -