Publicado por : Adycto 22 de novembro de 2006


Tal como dicía onte, ímos a falar do proxecto desenvolto polo Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela que permite coñecer a distribución xeográfica en Galicia de máis de 25.000 apelidos mediante a súa representación cartográfica nun mapa de concellos. En Xornal Aberto, sempre pendentes destas cousas, poñemos a disposición dos nosos lectores o enlace que permite comprobar canta xente ten na Galiza o noso mesmo apelido, así como cantos apelidos como o noso hai en cada concello. Este é o enlace.

No traballo partiuse dos apelidos proporcionados polo Instituto Galego de Estatística pertencentes ao censo de poboación de 2001 que inclúe datos de 2.750.684 persoas, o que supón 5.481.680 ocorrencias correspondentes a case 50.000 formas distintas, tendo en conta que a información proporcionada é dos apelidos soltos, tanto vaian no primeiro lugar coma ao final. A investigación, elaborada en colaboración coa RAG e coa axuda técnica do Cesga, permite tamén coñecer a frecuencia deses apelidos. No estudio observarase que os cinco apelidos máis frecuentes en Galicia son, nesta orde, Rodríguez, Fernández, González, López e García.

One Response so far.

  1. Anónimo dí:

    Vai un pouco lento pero está de puta madre...podes ver todos os teus "curmáns" na Galiza

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -