Publicado por : Adycto 23 de novembro de 2006


A vicepresidenta primeira do Goberno, María Teresa Fernández de la Vega, recoñeceu hoxe, durante a presentación dunha nova campaña institucional contra os malos tratos, que en España hai dous millóns de mulleres que sufren violencia por parte das súas parellas. Ademais a vicepresidenta anunciou que o Goberno aprobará un Plan de Sensibilización contra esta lacra no Consello de Ministros do vindeiro 15 de decembro. Aínda que sabiamos que o maltrato contra as mulleres é un dos grandes problemas aos que se ten que enfrontar España a verdade é que as cifras deixan impresionado a calquera. Dous millóns de mulleres maltratadas. Este é un deses momentos nos que os homes sentimos vergoña de ser homes.

A campaña presentada hoxe, que durará ata marzo de 2007, inclúe anuncios en televisión, radio e prensa baixo o lema "Contra os malos tratos, gaña a Lei". Os spots narran o final dunha historia de malos tratos e o fai dende tres puntos de vista diferentes: o da muller maltratada, o do maltratador e o das persoas do seu entorno. A pesares das campañas, hai que criticar a labor do Goberno neste aspecto xa que, no último ano, 18 mulleres perderon a vida a mans das súas parellas a pesares de que xa denunciaran a súa situación. Sei que estanse a adicar moitos esforzos dende o Goberno a loitar contra esta lacra pero hai erros que non se poden cometer. Se queremos, como mostran as campañas, que as mulleres den o paso e denuncien a situación o Goberno ten que estar preparado, como mínimo, para GARANTIR a vida das denunciantes. Hai moitos atrancos que solucionar pero este paréceme primordial. ¿De verdade que non somos capaces de garantir isto?

One Response so far.

  1. Anónimo dí:

    É incrible que nos tempos que corren non sexamos capaces de rematar con este problema.....

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -