Publicado por : Adycto
21 de novembro de 2006
Hoxe tiña pensado escribir sobre o Instituto da Lingua Galega e o estudo que fixeron sobre os apelidos galegos, o que pasa é que a páxina onde se podían facer búsquedas de apelidos non funcionaba e, visto isto, decidín deixalo para máis adiante. Mentres chega ese día, falarei sobre a plataforma Rua Fraga Nom que, ten anunciado a convocatoria dunha movilización, o vindeiro 28 de novembro, contra unha probable iniciativa do Concello de Santiago DC para nomear unha rúa en honra do ex presidente da Xunta, Manuel Fraga Iribarne.
Os responsables da plataforma, integrada por varias asociacións, indicaron que a movilización, forma parte dunha ampla campaña destinada a que se retire a proposta do alcalde compostelano, Xosé Sánchez Bugallo. «Bugallo está pensando» en atribuirlle unha rúa a Fraga, e iso «dependerá da movilización da cidadanía», comentou Manolo Vázquez, un dos integrantes da citada plataforma de asociacións. Xa sabedes que en Xornal Aberto estamos totalmente en contra dos postulados políticos e vitais do señor Fraga e, por ese motivo, en contra de que se lle dea a este individuo unha rúa en santiago co seu nome. Están retirando de todo o Estado as estatuas de Franco e os composteláns van a ter que soportar unha rúa adicada a un ministro deste ditador?
FRAGA PA CASA....QUE VERGOÑA PARA OS COMPOSTELANS
Miña naiciña!!! O que me quedava por ver.
Adeus vista dos meus ollos, non sei cando nos veremos...