- Atrás »
- Curiosidades , curioso »
- TOLOS AO VOLANTE
Acabo de leer na Voz de Galicia a nova que conta a historia do primeiro galego que perdeu todos os puntos do carné de conducir. Foi un mozo de Lugo de 21 anos que perdeu os puntos por dúas alcoholemias positivas os días 8 e 15 de xullo. Ademais, a Xefatura Provincial informou tamén de que, nos próximos días, acadarán firmeza outros expedientes que levarán consigo a perda dos permisos de conducir correspondentes a varios cidadáns (se é que se lles pode chamar así a estes individuos). Un deles acumula 25 puntos posibles de pérdida, outro 24, seis 14 e sete máis 12. ¡Impresionante!
Ademais, mirando o almanaque do meu teléfono, puiden comprobar que os controis de alcolemia que fixeron que o mozo de Lugo perdese o carné de conducir foron en sábado. Non entendo como ninguén pode coller un coche "mamao" pero que, inda por riba, o faga un fin de semana tras outro para saír de copas paréceme lamentable. Moitos dos accidentes que acontecen na Galiza e que provocan un marea de mortos cada fin de semana son culpa, en boa parte, do mal estado das nosas estradas e das nosas condicións climáticas habituais pero a maioría, por desgracia, están relacionados co exceso de velocidade e o consumo de alcohol. Mentres exista xente que faga estas cousas as estradas galegas seguirán sendo o que agora son: unha profunda ferida pola que o país non deixa de sangrar.
Publicar un comentario