Publicado por : Adycto 5 de novembro de 2006


Segundo puiden leer hoxe na Voz, a Unión Federal de Guardias Civiles asegurou que os axentes seguirán usando o castelán nas súas respostas aos cidadáns galegos "pese a quien pese", xa que consideran que é a única lingua que todos os españois teñen a obriga de coñecer. Na páxina web desta asociación non atopei a nota a que fai referencia a Voz pero atopei outros documentos dignos de mención como a visión desta asociación sobre a futura Policía Autonómica galega. Despois de leer cousas como as que dí esta "xente" ¿hai alguén que todavía se pregunta para que queremos os galegos unha policía autonómica?

O sindicato de Gardas asegura que o Goberno galego incluirá a obrigatoriedade de que os funcionarios estatais destinados en Galiza contesten en galego aos cidadáns que así o requiran e isto é algo que non poden aceptar. Ademais, os axentes aseguran que están dispostos a levar o asunto "a las más altas instancias judiciales" xa que consideran que esta iniciativa do Goberno galego vulnera o artigo 3.1 da Constitución.

O asunto en cuestión é realmente impresionante. Tan difícil resulta entender que en Galiza o uso dun idioma non pode mermar os dereitos dun cidadán. Tan difícil resulta comprender que un funcionario ten que entender o idioma no que lle están a falar e, como é lóxico, ten que poder falar no mesmo idioma no que se expresa a cidadanía. Tan difícil resulta entender que o coñecemento do idioma galego debe ser OBRIGATORIO para que os funcionarios estatais traballen na Galiza. A verdade e que actitudes como a deste sindicato son as que fan que, a día de hoxe, moitos cidadáns teñamos unha imaxe negativa da Garda Civil a pesar de que, en teoría, estes funcionarios están para servir aos cidadáns.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -