Publicado por : Adycto 10 de novembro de 2006


O vindeiro luns cumpriranse catro anos da entrada do Pretige na memoria colectiva dos galegos. Ata ese maldito 13 de novembro, os galegos non sabiamos nada dun barco que, días despois, pasaría a ser parte do sentir común de todo un pobo. Durante estes días haberá tempo de rememorar todo o que sucedeu e dende Xornalaberto queremos facer a nosa pequena aportación a esta lembranza colectiva.

Foi un 13 de novembro cando, a eso das 15:15 horas, os servizos de salvamento acuden a unha chamada de socorro do ‘Prestige’. O petroleiro presentaba una vía de agua cunha escora de 45 graos a estribor. O barco con 27 tripulantes a bordo atopábase a 50 quilómetros de Fisterra. O forte temporal dificultou as tarefas de rescate da tripulación, que saíu san e salva. Dende ahí ata o 19 de novembro todo son malas novas. Decídese alonxar o barco e, mentres se alonxa, Galiza comeza a recibir as primeiras "manchas" de fuel nas súas costas. Nada comparable ao que estaba por vir. O barco afúndese o 19 de novembro a máis de 230 quilómetros de Fisterra e, a partir dese momento, comeza a catátrofe.

As mareas se fuel sucédense nas nosas costas e os galegos, axudados polos voluntarios que chegan de todas partes, loitan contra a contaminación con todo o que teñen ao seu alcanze (que non é moito). A incapacidade do Goberno Galego e do Goberno Estatal na loita conta as sucesivas mareas negras que chegan as costas galegas quedan patentes. Despois, solidaridade, manifestacións multitudinarias, ausencia de demisións, etc. Todo esta presente na nosa memoria colectiva.

Dende Xornalaberto facémonos varias preguntas. Está Galiza agora preparada para enfrentarse a un desastre ecolóxico como o que vivimos no 2002? Contamos cos medios necesarios para elo? Hai un plan específico de actuación da Administración Autonómica para enfrontarse a un feito semellante? Cumpríronse as promesas feitas pola Administración no seu momento para compensar os danos provocados? Por desgracia creeemos que as respostas a estas preguntas son todas a mesma: non.

Xa para concluir, presétovos unha selección das barbaridades ditas polos diferentes responsables políticos durante a catátrofe vivida en Galiza hai 4 anos:

-«O destino do fuel no fondo do mar é converterse en adoquín»ARSENIO FERNÁNDEZ DE MESA, Delegado do Goberno en Galiza. (19-11-2002) .

-«Afortunadamente, a rápida intervención das autoridades españolas alonxando o barco das costas permitíu que non temamos unha catástrofe ecolóxica nin grandes problemas para os recursos pesqueiros»MIGUEL ARIAS CAÑETE, ministro de Agricultura e Pesca (16-11-2002).

-«Non é, en ningún caso, unha marea negra, trátase só de manchas moi localizadas»MARIANO RAJOY, vicepresidente do Goberno (23-11-2002).

-«Xa ten pasado o perigo máis grave»MANUEL FRAGA, presidente da Xunta (15-11-2002).

-«A ollo de bo cubeiro,o petroleiro pudo perder entre 3.000 e 4.000 toneladas de fuel»ARSENIO FERNÁNDEZ DE MESA, delegado do Goberno (19-11-2002).

-«Obsérvanse catro regueiros casi solidificados con aspecto de plastilina en estiramento vertical»MARIANO RAJOY,Vicepresidente do Goberno. (5-12-2002)

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -