- Atrás »
- Curiosidades , curioso »
- BOTELLÓN DE "ALTO RENDEMENTO"
Publicado por : Adycto
9 de novembro de 2006
Hai días que os xornais veñen "tristes". Poden traer novas moi importantes e informacións de "grande calado" pero non consiguen implicar aos lectores máis que pola súa proximidade ou pola súa relevancia para a seu día a día. Sen embargo, hai outros días nas que os xornais veñen "graciosos" e traen novas que, ademais de facernos rir, ensínannos moito do que está a acontecer no noso entorno. Hoxe, lendo a Voz de Galiza, atopei unha destas novas: "Preto dunha vintena de mozos deportistas (18 segundo algunhas fontes) internos do Centro de Tecnificación de Pontevedra foron expedientados e castigados por participar nun botellón no interior do propio recinto da Xunta de Galiza". O suceso foi hai dúas semáns e, seundo comentaban na nova, "cacharon" aos rapaces porque, ao día seguinte da festa, entrenaron con evidentes síntomas de ter consumido bebidas alcohólicas.
Parece ser que a maioría dos rapaces impricados no "botellón de alto rendemento" eran menores e que, ademais de beber alcohol, poder ser que consumiran cannabis. O asunto concluíu coa expulsión dos mozos durante 5 días e non se descarta que algún poda ser expulsado do centro de xeito definitivo.
Para ser sinceiros, eu non apoio este tipo de comportamentos entre rapaces que están a loitar para converterse en deportistas de elite pero, a verdade, coñezo a varios deportistas de elite que, cando eran mozos (e logo de maiores), collíanse unhas boas "lonas" cada fin de semana e véspera de festividade e chegaron a render ao mellor nivel nas súas respectivas especialidades deportivas.
mellor cas merdas farmacéuticas coas que dópanse os adultos profesionais en activo...seguro que o dano dos porros e o do alcol é moito menor que a droga legal que lle van meter como eses rapaches cheguen a profesionais
di que si crischoven
Cada un fai do seu cu un pandeiro se quere. Todos temos dereito a divertirnos, é natural.
Pero estes rapaces están nun centro para entrenar deportistas de élite que se paga cos meus cartos, que ven me costa gañalos. Ca sua vida que fagan o que lles pete, pero co diñeiro de todos...
Se tes unha beca e fundela en copas e non aprobas nin unha pro ano xa non hai cartos, verdade? pois con estes parvos igual.