Publicado por : Adycto
13 de novembro de 2006
Como hoxe todos falan do Prestige, en Xornalaberto falamos de Estatuto. Cando o Estatut catalán aprobouse, o ministro de Economía, Pedro Solbes, tivo que "tragar" co feito de que o texto establece que o Estado debe invertir en infraestructuras en Cataluña o 18,8% do total durante sete anos. A esa imposición agarrouse o texto andaluz, que logrou recoller no seu texto estatutariao que a inversión en dita autonomía será equivalente ao peso da súa poboación durante sete anos. En Galiza, os nosos políticos teñen claro que no novo estatuto teñen que estar recollidas as inversións do Estado e, ademais, as diferenzas entre o que piden uns e outros non son moi grandes. Así, o señor Touriño fala de 20.000 millóns en dez anos, o BNG 21.000 e o PP 25.000. Parece que nesto hai máis acordo que no de nación. Sen embargo, o que non parece estar disposto a aceptar esto é o ministro Solbes.
Aínda que non hai unha confirmación oficial do tema, a Voz de Galicia informaba o pasado domingo de que é posible que o ministro Solbes conte co respaldo de Zapatero para acabar cos textos estaturarios que fixen as inversións do Estado en cada Comuidade Autónoma. Para Solbes, os casos de Cataluña e Andalucía son só dúas excepcións e a súa intención é uniformar os demáis estatutos de autonomía neste punto.
Esto, como é lóxico, é un agravio comparativo que Galiza non pode aceptar xa que, se chega a producirse este "plante" de Solbes, o Estado voltaría a establecer, como en moitas outras cousas, Comunidades de primeria e de segunda e iso é algo que, como galegos e galegas, non podemos permitir. É máis, non se pode permitir como cidadáns do estado español. Non pode haber ese tipo de diferencias entre as Comunidade Autónomas, aínda que fóramos nos unha das Comunidades beneficiadas. Estas desiguladades non traen boas consecuencias. Esperemos, de tódolos xeitos, que este non sexa máis que outro "globo sonda" dos que lle gusta mandar ao goberno para ver que é o que pensa a xente.
Publicar un comentario