Publicado por : Adycto
7 de novembro de 2006
Esta tarde era sesión de Pleno no Parlamento galego e, a pesares de que a priori non ía ser moi interesante, a tarde foi completiña. Deste xeito, e segundo informa a axencia de novas Europapress, 0 deputado do PPdeG, Dámaso López Rodríguez comparou hoxe ao nacionalista Bieito Lobeira, como presidente da Comisión de Cultura, co daquela representante de Dereitos Humáns no Parlamento Vasco, Josu Ternera, posteriormente condenado por pertenza á banda terrorista ETA. Pola súa banda, o deputado nacionalista chamou "nazis e fascistas" aos representantes do PPdG no Parlamento.
A historia foi como sigue. López Rodríguez tomou a palabra tras la comparencia de la conselleira de Sanidade, María José Rubio, para afirmar que as intervencións do deputado nacionalista Carlos Aymerich dan "a risa" e posteriormente aludiou a Lobeira. "Señor Benedicto, que vostede sexa presidente da Comisión de Cultura lémbrame a cando José Ternera era presidente da Comisión de Dereitos Humáns no Parlamento Vasco", aseverou.
Pola súa parte, o voceiro do BNG, Carlos Aymerich, demandou a retirada da comparación, que non tivo lugar porque a presidenta do Parlamento, Dolores Villarino, insistíu en que Ternera, naquel momento, "era deputado no Parlamento vasco".
A raíz do comentario do deputado popular, o deputado do BNG Bieito Lobeira manifestou, a gritos, despois de que a presidenta do Parlamento xustificara que Ternera era "naquel momento" deputado na Cámara vasca, que "enton Franco era procurador nas Cortes e esta xente --polos populares-- unha pandilla de fascistas. Nazis".
Pois iso, que foi unha tarde quentiña no Horreo. É que os nosos parlamentarios son coma nenos
Publicar un comentario