Publicado por : Adycto 7 de novembro de 2006


Xornalaberto accedeu, estes días, ao Informe Global da Corrupción 2006 da Transparenty Intenational España. Neste informe faise un balance da situación da corrupción en España dende diversos puntos de vista: ámbito local, urbanismo, código do bo goberno e sanidade. No caso concreto da Sanidade, o informe fala de que en España o gasto farmacéutico público ten unha importancia trascendental para o noso sistema sanitario. No ano 2003 supuxo o 30% do gasto total do Sistema Nacional de Saúde, cun incremento do 12% con respecto ao ano anterior. O seu crecimiento anual fixo que se pasara en dez anos de 5.124 millones de euros aos 11.463, o que supón un crecimento do 53,3%. Aínda que o problema do gasto en medicamentos é común a maior parte dos servicios sanitarios europeos, en España adquiere unha maior trascendencia. No informe, asinado por Manuel Martín García e Marciano Sánchez Bayle (Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública), ponse como exemplo de corrupción no mercado dos medicamentos a Galiza.

Deste xeito e, utilizando como fonte o
informe do Consello de Contas de Galicia sobre gasto farmacéutico hospitalario en Galiza (xulio 2004), afírmase que o incremento anual do gasto farmacéutico hospitalario na Galiza foi do 14,8%, fronte a un 4,8 % do crecemento total do gasto hospitalario, algo a ter moi en conta dado que o gasto farmacéutico supón o 11% do total hospitalario.

Entre as causas deste gasto farmacéutico na Galiza, os responsables do informe falan de procesos de selección, compra e prescripción de fármacos pouco rigurosos e influenciados polos laboratorios farmacéuticos, de deficiencias nas Comisións de Farmacia hospitalaria, que teñen como consecuencia que en moitos casos as decisións sobre inclusión de medicamentos nas Guías se realizan sen aportar argumentos ou sen ter en conta as diferencias en prezos para un mismo medicamento, de que os pedidos de realizan directamente aos laboratorios sen mediar concursos nin valoracións comparativas ou que o volumen de xenéricos adquiridos polos hospitais é apenas do 1,2% do total a pesares de que as diferencias nos prezos para un mismo producto cheguen a ser do 34% .

Ademais, as adquisicións dos hospitais, sempre segundo o informe, non son homoxéneas, no responden a criterios racionais de elección e se concentran, curiosamente, nos productos máis caros e nun reducido número de laboratorios (o 70% do mercado o reparten 20 laboratorios e os cinco máis significativos consiguen o 33% do mesmo).

Parece, en resumo, que as compras de medicamentos feitas polos hospitais galegos non se basean en criterios de calidade ou de aforro senón máis ben en outros criterios (regalos, premios, etc) que fan que a factura farmaceutica hospitalaria (que pagamos todos) se incremente cada ano de xeito espectacular.

Aquí podes consultar integramente o Informe Global de Corrupción 2006.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -