O ministerio de Defensa quere limitar o acceso dalgúns dos seus membros a Internet, segundo o demuestra un correo electrónico enviado polo número dous do exército de Terra, Rafael Barbudo Gironza, ao que tivo acceso a COPE e, a través dela, Xornalaberto. O segundo JEME (Xefe do Estado do Exército de Terra) asegurou nun e-mail enviado en septiembro aos xenerales das principais unidades, que “o frecuente uso inapropiado da rede (...) fai necesario correxir a situación no ámbito do Exército de Terra revisando os criterios de acceso aos diferentes servizos”. Como consecuencia, anunciou que “procederase a revisar con carácter moi restrictivo o número de usuarios da rede que conten con acceso a Internet”.
Esto, segundo a Cope, é unha pérdida de liberdades dentro do Exército e, ademais, esta feito para que os militares non teñan libre acceso a informacións e noticias que afectan ao seu traballo. Segundo Xornalaberto, este é o mítico toque que dan en calquera empresa cando a xente utiliza internet para ver porno e xogar a xogos en rede, coa conseguinte pérdida de rendemento no seu traballo. Que conste que eu estou a favor de que, en determinados momentos, calquera no seu traballo utilice internet para xogar unha partidiña ou buscar billetes de avión baratos, agora ben, pensando en como son unha boa parte dos militares deste país, a saber en que páxinas andaban navegando (non me estranaría que en breve caese unha operación contra a pornografía infantil na rede e colleran algún miliko).
Seguro que no ministerio de Defensa teñen algún informe no que aparece recollido o "historial" de páxinas webs visitadas por moitos dos ordenadores con conexión a internet dos que dispón o exército e seguro que saben ben o que fan. De tódolos xeitos habería que revisar o historial de moitos dos ordeadores de cada un de nos utiliza no seu posto de traballo, o que o teña (traballo ou ordeador), para saber se o "ministerio" correspondente nos prohibiría o uso ou non.
Publicar un comentario