Publicado por : Adycto 6 de novembro de 2006


A fin de semana estivo cargada de novas. ETA manda un comunicado bastante preocupante, o "bachiller" Montilla será presidente da Generelitat reeditando o tripartito e con Carod de vicepresidente e a Sadam Husseim o condearon a morrer aforcado xusto cando republicans e demócratas loitan na campaña das lexislativas que se celebrarán mañá en EEUU. A pesares de todo isto, Xornalaberto segue preocupado por outras cousas.

As promesas de troco lanzadas polo PSOE e o BNG antes e depois de alcanzar o Goberno do país non se plasman no que atinxe ás políticas de contratación de persoal para a Administracion. O actual bipartito aproveita mecanismos creados polo PP para favorecer aos seus axentes e abusa da potestade de contratar ‘dixitalmente’ persoal de confianza nos gabinetes. Reiteradas denúncias sindicais certifican estas actuacions, así como a utilizacion da externalizacion de servizos a novas empresas, o que dá lugar a unha nova administracion paralela vencellada aos dous partidos gobernantes.

Ademais, a actual Xunta, a pesares dos 'reiterados' compromisos de promover a transparencia da administración, efectuados por diferentes responsables da Xunta na Cámara autonómica e diversos foros, se nega agora a proporcionar información sobre as retribucións e a relación do personal de confianza e asesores. Segundo afirma o PPdG a Xunta dispón, na actualidade, de máis de 160 persoas con nomeamento eventual, dos que cerca de 70 traballan na órbita de Presidencia con salarios que, en numerosos casos, superan os 50.000 euros anuais ata supor un gasto de 7,5 millóns de euros no presente exercizo presupuestario.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -