Publicado por : Adycto 2 de outubro de 2006


A páxina en Internet do BNG é a única dunha formación política galega que se atopa entre os 100 primeiros postos do ranking de webs galegas realizado por Alexa.com, que recoñece 322 sitios que enlazan con www.bng-galiza.org. Segundo informa a formación nacionalista, a través da súa páxina web, os seus propios datos recollen en setembro un total de 25.532 sesións, sendo a media de sesións por día de 851. Ademais, o número de páxinas vistas por sesión ascende a 4,62, o que indica que os visitantes "consultan varias seccións". O posto que ocupa a páxina segundo o último ranking de Alexa é o 80 aínda que, segundo fontes do BNG, teñen chegado ata o posto 75.


A formación nacionalista destacou que o seu web, ademais de recoller a "información actualizada" que xera a formación política, ofrece "cada vez máis recursos multimedia", coa inclusión de arquivos sonoros e videos. Por outra banda, subliñou que é unha ferramenta "moi útil" para militantes e simpatizantes, xa que permite a descarga de "diversos documentos políticos". Non é por nada pero moitos (e non miro para ninguén) terían que aprender da páxina web do BNG.

One Response so far.

  1. Anónimo dí:

    a do PP si que mola jejejejejejeje

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -