Publicado por : Adycto 26 de outubro de 2006


As eleccións municipais están xa a piques de chegar (tan só faltan 7 meses) e os partidos políticos andan pechando, xa de xeito definitivo, aos seus candidatos para estes comicios. Hai algún tempo, a redacción de Xornalaberto decidiu facer un post sobre o candidato do PPdG á cidade de Pontevedra, Telmo Martín. Moitos dos lectores que Xornalaberto ten están espallados polas Rias Baixas e demandan, con moita insistencia, novas sobre o señor Martín. Para solucionar todas estas dúbidas e preguntas Xornalaberto recoméndavos un blog: http://salvemossanxenxo.blogspot.com/. Nesta bitácora poderedes atopar, non só toda a información que queirades sobre o señor Telmo Martín, senón tamén moita e variada información sobre a corrupción urbanísitica que se está dando dende hai tempo neste concello pontevedrés que, a este paso, en breve será coñecido como a Marbella galega.

2 Respostas ata o de agora.

  1. ánimo pereiro dí:

    o Telmo Martin este, como che comentaba hai tempo,é un caso máis de constructor metido a político...¿pode haber algo pior?

  2. O Pxom feito no ano 2003 por o señor Telmo Martín engadiu un Novo termo os suelos urbaniazables. Quen non ten escoitado neste últimos tempos "teño que vender en Monte Faro se non exprópianme o terreo".
    Que son os zaos ou S.u.?
    Esta é a explicación, que convén ler con calma, de que é e que fai un axente urbanizador nos S.u.:

    O axente urbanizador, que a lei galega denomina concesionario de obra pública . Trátase dun promotor inmobiliario, escollido por cada concello mediante un concurso, para construír edificios ou chalés nunha ampla zona urbanizable (S.U.) Unha vez comprobada a súa solvencia, calculado o prezo dos solares trala recalificación e presentado o proxecto de urbanización, o axente ha de esperar dous anos (durante os que debe negociar compras cos propietarios das leiras) antes de poder expropiar.(isto é o que esta ocurrindo en Festiñanzo S.u.9,Faro...)

    Dous anos logo de obter a adxudicación dunha urbanización, o citado axente ten potestade para expropiar leiras e casas, con ou sen o acordo dos propietarios. A cambio, o promotor ten a obrigación de abonar unha indemnización -o prezo calculado para cada propiedade- a cada particular, quen terá facultade para escoller se cobra en metálico ou mediante unha parte da obra que se realice.

    * Que é unha Xunta de Compensación?

    O proceso adoita comezar cando o Concello decide que nunha determinada zona pódese construír unha urbanización e establece que tipo de sistema utilizarase. Un dos máis habituais é o da xunta de compensación. As empresas van comprando terreos ata obter polo menos o 51% da superficie que necesitan. Despois intentan que o resto dos propietarios convértanse tamén en promotores da obra e paguen os gastos das rúas, saneamento e outras instalacións. A cambio poderán recibir unha ou varias vivendas segundo o chan que cedan. Para aqueles que teñan os recursos suficientes para investir, a recalificación dos terreos pode converterse en todo un negocio, pero non todos os afectados teñen diñeiro. E aquí é onde comezan os problemas.
    Os que non queiran ou poidan sumarse á xunta de compensación serán expropiados. É o Concello o que, segundo a lexislación, debe establecer o Prezo xusto, pero este afástase case sempre dos valores do mercado. Os casos máis sangrantes, aínda que non os máis habituais, ocorren cando hai vivendas por medio.
    Dous son principalmente as argucias legais empregadas polos municipios, o valor catastral e a denominada vía de urxencia. Gran parte dos expedientes que chegan ao xurado de expropiación -o primeiro tribunal que pode corrixir o prezo marcado e que, de feito, faio a diario- utilizan a cantidade que figura no catastro. Este adoita estar desatualizado, polo que se pode chegar a ofrecer 10.000 euros por unha vivenda. O uso do valor catastral, ademais, non se corresponde co que marca a lexislación sobre expropiacións, que establece un complexo método de cálculo en base ao que se denomina valor residual.

    * Nota: No noso concello dos 30 S.u. solo se fixo a xunta de compensación nos siguientes S.u:nº 1 sito no lugar de Os Cotos – Dorrón B.o.p, S.U. 19 :Cabicastro-Adina-Sanxenxo...


    Un axente privado con poderes propios dun xestor público. Un monopolio en lugar dun mercado. Un promotor con poder absoluto sobre un territorio e sobre os seus ocupantes e propietarios.Unha vergoña que intenta o señor alcalde tapar invirtindo120000 euros en publicidade enganosa.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -