- Atrás »
- Caixon desastre , Curiosidades , curioso , Galiza »
- FALEMOS DE DEPORTE: FALEMOS DE PEREIRO
Publicado por : Adycto
25 de outubro de 2006
Xornalaberto non é un blog que lle preste demasiada atención ao deporte pero cando as novas do deporte teñen que ver con Galiza e cos galegos, esta redacción trata de achegarvos as súas impresións. Entereime agora mesmo, a través da versión dixital da Voz, que o noso querido Oscar Pereiro, posiblemente o mellor ciclista galego de tódolos tempos, podería quedarse sen o título de campión do Tour de France 2006. Parece ser que no seno da organización do Tour hai unha corrente de opinión moi importante que pensa que o millor é declarar o Tour 2006 deserto e, iso si, quitarlle o título ao norteamericano Floyd Landis que, como lembraredes, deu positivo nun control antidoping.
Esta nova é indignante. Se unha persoa está demostrado que fixo trampas (como é o caso de Floyd Landis) para acadar a victoria nunha proba deportiva calquera é evidente que, se esto se descobre (como foi o caso) o que quedou detrás do "tramposo" na competición é o gañador da mesma xa que, se o "tramposo" non se dopara, o que quedou segundo gañaría a carreira. A explicación foi un pouco liada pero o argumento é ben simple.
Non entendo por qué, tras o castigo que supuxo para Pereiro non poder subirse ao podio de París como gañador do Tour (cando deportivamente o era), agora o propio Tour decide castigar ao galego sen un título que, deportivamente, é da súa propiedade. Esperemos que os franceses recuperen o sentido antes de que sexa demasiado tarde.
Todo esto xurde precisamente cando Óscar Pereiro viaxa a FRancia para asistir, na xornada de mañá, á presentación da edición 2007 da ronda gala. O bravo ciclista galego xa declarou que, de confirmarse esta teoría, non tomaría parte da competición do vindeiro verán. Por favor, se queredes apoiar a Óscar premede no seguinte link e poderedes entrar directamente no foro da súa páxina web para dar a vosa opinión. ¡Ánimo Pereiro!
Publicar un comentario