Publicado por : Adycto 18 de outubro de 2006


Acabo de leer unha nova realmente curiosa na Vanguardia. Resulta que un multimillonario norteamericano chamado Steve Wynn pechara, hai uns días, a venta do cadro de Pablo Picasso "O sono", ao coleccionista de arte Steven Cohen, que pagaría 139 millóns de dólares pola peza, o prezo máis caro pagado nunca por unha obra de arte. Pois ben, como contaban hoxe diversos medios de comunicación norteamericanos, o magnate quixo despedirse do cadro invitando a algúns amigos a contemplalo antes de entregarllo ao seu novo dono e, mentres o ensinaba, o multimillonario levantou o brazo para mostrarlles un detalle e, ao baixalo, deulle un cobadazo á tela e fíxolle un burato do tamaño dunha moeda.

Ao parecer, a falta de reflexos de Wynn debeuse a que sofre retinitis pigmentaria, unha enfermidade ocular que afecta á visión periférica. A súa reacción foi do máis tranquila porque, segundo unha testemuña, limitouse a dicir: "Mirade o que fixen. Gracias a Dios que fun eu". A oficina do magnate, propietario de varios dos casinos máis emblemáticos das Vegas, confirmou a historia de Ephron. Wynn comprara 'O Sono', no que Picasso retratou a súa enton amante Marie-Thérése Walter, por 48,4 millones de dólares en 1997.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -