Publicado por : Adycto 17 de outubro de 2006


Repasando as informacións da axencia de noticias Europapress atopei unha nova que me fixo preguntarme ¿Estamos todos tolos?. A nova en cuestión afirma que dous axentes dos servizos secretos estadounidenses sacaron da súa clase a unha nena de 14 anos que colgou nunha páxina web mensaxes amenazadores contra o presidente de EEUU, George W. Bush, para interrogarla. Creo que a información non merece máis comentario.


Os feitos ocorreron no centro escolar McClatchy de Sacramento (California), onde estudia Julia Wilson, unha adolescente que durante algún tempo dedicouse a expresar a súa protesta contra a guerra e contra a política de Bush nun foro de Internet para xóvenes

.
Os servizos secretos deron coa páxina, na que se atoparon caricaturas do presidente e mensaxes amenazadores como o de "apuñalemos a Bush", o que inmediatamente convertíu á xove en sospeitosa.


A prensa local informa de que dous axentes presentáronse o mércores na escola de Wilson e a obrigaron a abandonar unha clase de bioloxía para proceder ao seu interrogatorio durante uns 15 minutos."Simplemente me dixeron que era un delito federal (...). Realmente me asustaron e comencei a chorar porque pensei que ían a detenerme", relatou a adolescente á cadea de televisión KCRA.

É realmente lamentable que por un comentario feito nunha páxina web dous axentes federais preséntense nun colexio, saquen a unha cativa de clase, e a interroguen sen a presencia dos seus pais. ¿Imaxinádesvos algo semellante en Galiza?


One Response so far.

  1. Anónimo dí:

    Non o imaxino nin en Galiza nin en Corea do Norte. De tódolos xeitos a min estáseme a ocurrir que vou facer un post completo insultando a ese animaliño de Bush, a ver que pasa.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -