Publicado por : Adycto
23 de outubro de 2006
Hai un vello refrán castelán que dí aquelo de "de aquellas aguas vienen estos lodos". Galiza está a vivir, estes últimos días, unha nova versión do refrán xa que "de aqueles lumes veñen estes anegamentos". E non só de aqueles lumes, tamén daqueles bosques talados, das estradas que impiden que a choiva chegue ao mar, dos cambios nos cursos dos ríos, e dos malos planes urbanísticos. Así, entre a auga e a falla de vexetación, as riadas arrastran toneladas de cinza, taponan desaugües e fan estragos nos pobos.
Hoxe, cando os meteorólogos nos din que a aparente calma coa que espertamos hoxe en Santiago (tras unha noite ben movida no climatolóxico) non é máis que unha tregua e que as choivas e o vento seguirán durante boa parte da semana, dámonos de conta de que todo o que dixeron durante o verán as asociacións ecoloxistas sobre o perigo das cinzas e da falla de árbores nos nosos montes son certas. E o peor do caso e que, os nosos políticos, parece que non se dan de conta da magnitude do problema ao que se enfronta o noso páis. Se polo menos servise para aprender dos erros...
Publicar un comentario