Publicado por : Adycto 3 de outubro de 2006


O Debate sobre Política Xeral celebrado hoxe no Hórreo foi un pouco coma sempre. Ben é certo que non estaba Fraga, o cal é unha auténtica novidade para todos, pero as pautas foron as de sempre. A intervención do presidente, como diría unha boa amiga, foi como o sorteo da lotería de nadal, é dicir, cifras e máis cifras. A intervención de Quintana, que demostrou unha vez máis as súas carencias como parlamentario (sobre todo se o comparamos con Beiras), estivo entre o "arre e o so", é dicir, loubanzas e algunha crítica velada. Feijoo, pola súa parte, fixo unha intervención bastante boa dende o punto de vista parlamentario pero bastante floxa dende o punto de vista dos contidos. De feito, ao igual que os lideres en Madrid do partido, dubidou do xeito no que o bipartito chegou ao poder en Galiza e, nun erro de bulto, criticou a falta de pluralidade da Galega (está o PPdG para falar de pluralidade na televisión autonómica galega). Mañán teremos máis.

TOURIÑO


O presidente da Xunta de Galiza abriu o seu discurso sinalando os catro eixos en torno aos que versará a nova lexislatura.«A creación de emprego estable e de calidade, a aposta polo benestar e a cohesión social, a ordenación do territorio e o desenvolvemento sustentable, e a revitalización dos mecanismos de participación democrática» son os aspectos que Touriño destacou como pedras angulares do cambio que se iniciou hai un ano.

QUINTANA


Pola súa banda, o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, centrou gran parte do seu discurso en reclamar, ao igual que fixera horas antes o propio presidente da Xunta, un gran pacto para reformar o Estatuto. «Ten que haber un acordo para o novo Estatuto e ten que habelo antes de que remate este ano», afirmou. A mesma contundencia demostrou ao asegurar que «Galicia non pode seguir na liña de saída cando os demáis están xa desputando o sprint». De feito, Quintana dixo cal era o texto que lle gustaría incluir no preámbulo estatutario: «A tradición e o sentimento galeguista que nos unen como pobo e o Parlamento que nos representa como cidadáns definen a Galicia como unha nación. A constitución española no seu artigo 2 recoñece o carácter nacional de Galicia como nacionalidade histórica».


FEIJOO


Pola súa banda, o portavoz do PPdG, Alberto Nuñez Feijoo efectuou un duro alegato contra o Goberno de coalición da Xunta formado polo PSdeG e BNG, aínda que mostrouse máis cordial cos nacionalistas que coa presidencia da Xunta. Feijoo comenzou a súa intervención facendo referencia á maioría exigua do bipartito no Hórreo. Para o líder popular, que o seu partido, o máis votado nas eleccións de xuño de 2005, esté na oposición é un feito «lexítimo e excepcional».


As críticas de Feijoo centráronse Feijoo na falta de pluralidade da Galega da que dixo que os informativos da cadena «semellan o Nodo». Tamén criticou os orzamentos do Estado para este ano e a pérdida de axudas procedentes de Europa. Acto seguido, refiriuse á vaga de lumes que asolou Galiza este verán. O líder do PP acusou á Xunta de converter un «incendio forestal nun incendio autonómico» e reclamou a Touriño o cese dos responsables da Consellería de Medio Rural.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -