Publicado por : Adycto 4 de outubro de 2006


Hoxe pola tarde, ás 17:00 horas, reanudarase a sesión do Debate de Política Xeral cunha información sobre o desenvolvemento do mesmo debate e a comunicación, por parte do secretario da Cámara, das propostas de resolución admitidas pola Mesa. A continuación abrirase unha nova rolda dos grupos que poderán defender, durante media hora, as súas propuestas. Antes da votación haberá un novo turno de réplica dos grupos de dez minutos. A xornada de onte, que hoxe analizan todos os xornais galegos, serviu, na miña modesta opinión, para acrecentar as diferenzas existentes entre os políticos e a cidadanía. Unha mostra desto é que os bancos reservados ao público, antaño copados por curiosos que acudían a presenciar os pulsos dialécticos do debate sobre a política do país (onte poucos houbo), quedaron onte desertos de cidadáns de a pé.

Ante esta ausencia de público, a tribuna ocupouse maioritariamente por equipos de asesores dos tres líderes, algúns alcaldes e políticos. Entre os presentes, o alcalde de Santiago, Sánchez Bugallo, e o da Coruña, Javier Losada, os alcaldes de Porto do Son e O Pino ou o delegado do Goberno, Manuel Ameijeiras. Xa na sesión de tarde, fixo a súa aparición estelar Baltar, aludido implícitamente por Touriño ao invocar, na sesión da mañá, os cismas do PP entre «boinas e birretes».

O nivel de aplausos nos diferentes escanos seguíu a lóxica habitual e os deputados aplaudiron moito as seus respectivos portavoces. Mención especial merece, neste punto, a actuación dos deputados nacionalistas que administraron moitos os aplausos para puntuar a Touriño. A súa defensa da inversión do Estado en Galiza recibíronna cunha especie de folga de "palmas caídas".

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -