Publicado por : Adycto 10 de outubro de 2006



Hoxe non vou a facer nada máis que pediros que miredes con atención a fotografía que acompaña este post e que chegou as miñas mans a través dun correo electrónico, enviado por un bo amigo. Con esta foto, pretendo lembrarlle á xente o seu pasado e pedirlle un pouco máis de comprensión cunha situación que os nosos políticos están utilizando, unicamente, para favorecer os seus respectivos intereses. En Galiza e en España, todo o mundo conta na súa familia cun parente que, hai anos, tivo que emigrar para buscarse o seu futuro xa que, no seu país, non podía facer unha vida digna. Esta situación, agravada e con moitos matices, é a que se están a vivir agora en moitas partes do mundo e é a que obriga a moitas persoas a iniciar unha viaxe, na que en moitos dos casos perden a vida, co obxectivo de poder levar unha vida digna. Ése é motivo polo que os inmigrantes chegan por miles ás costas españolas: porque non teñen ningunha outra opción. Simplemente debemos de preguntarnos por qué o facían os nosos avós.

2 Respostas ata o de agora.

  1. Anónimo dí:

    a historia se repite pero ao revés¡¡¡¡

  2. krischoven dí:

    Fai anos dibuxaba Castelao: "Os galegos non protestamos, emigramos"

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -